Jaime Terceiro Lomba, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1946, é un economista galego catedrático de universidade, expresidente de Caja Madrid e exdirector xeral do Banco Hipotecario de España e académico da Real Academia de Ciencia Morais e Políticas.
Traxectoria Estudou a secundaria no Instituto de Pontevedra. Doutorouse en enxeñaría aeronáutica con premio extraordinario e licenciado en Ciencias Económicas con premio extraordinario. En 1974 diplomouse en enxeñería na Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB). En 1978 foi profesor agregado e en 1980 catedrático de Econometría e métodos estatísticos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. De 1980 a 1981 foi vicerreitor Primeiro da Universidade Complutense.
De 1981 a 1983 foi director xeral de Expansión e Director Xeral de Planificación e Investimentos do Banco Hipotecario de España. De 1988 a 1996 foi presidente executivo de Caja Madrid e impulsou a súa expansión estatal. En 1995 foi nomeado académico de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. Saíu da dirección de Caja Madrid por presións políticas do Partido Popular e o seu lugar foi ocupado por Mercedes de la Merced. En 2015 entrou a formar parte do consello de administración de AENA. Distincións
Recibiu o premio Rei Juan Carlos I de Economía en 2012 polo seu labor precursor en detectar os problemas das caixas de aforro.
Obra Economía del cambio climático. ISBN 9788430607563 EAN:9788430607563. Vida persoal
É irmán do tamén economista José B. Terceiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da universidade Complutense. Fundación Ramón Areces Biografía
Categoría:Personalidades da banca Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1946 Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes