Os Burhinidae (burínidosEnciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 4. Páxina 113. ISBN 84-7680-288-9 (da obra); 84-7680-292-7 (do tomo)) son unha familia de aves da orde Charadriiformes, denominados pernileiros ou alcaraváns, que se encontran nas rexións tropicais e temperadas do mundo, cunha especie que vive en Galicia, Burhinus oedicnemus, o pernileiro común de Eurasia. Aínda que o grupo foi considerado de aves limícolas, a maioría das especies teñen preferencia por territorios áridos ou semiáridos.
Descrición
Son aves de tamaño medio a grande con peteiros fortes negros ou con tons amarelos, grandes ollos amarelos —que lles dan unha aparencia reptiliana— e plumaxe críptica. Estas aves recibiron o nome de pernileirosPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou alcaraváns. Teñen articulacións moi prominentes nas patas.
Comportamento
Son en gran medida nocturnos, particularmente cando emiten os seus sons queixumentos e altos, que lembran ao do mazarico real. A dieta consiste principalmente en insectos e outros invertebrados. As especies grandes tamén comen lagartos e mesmo pequenos mamíferos. A maioría das especies son sedentarias, pero o Burhinus oedicnemus é un migrante de verán na parte da súa área de distribución da Europa temperada, que inverna en África.
Especies Un xénero fósil denominado Wilaru, descrito a partir de restos do Oligoceno tardío e Mioceno temperán de Australia, foi orixinalmente clasificado como un pernileiro; porén, argumentouse despois que era membro da familia Presbyornithidae dos Anseriformes. As dez especies actuais, clasificadas nos xéneros Burhinus e Esacus, son: Imaxe Nome científico 100px Burhinus oedicnemus 100px Burhinus indicus 100px Burhinus senegalensis 100px Burhinus vermiculatus 100px Burhinus capensis 100px Burhinus bistriatus 100px Burhinus superciliaris 100px Burhinus grallarius (antes B. magnirostris). 100px Esacus recurvirostris 100px Esacus magnirostris
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeos en the Internet Bird Collection
Categoría:Caradriformes