Mariluz Villar Otón, nada en Madrid o 29 de decembro de 1937, é unha actriz de teatro, escritora e xornalista galega en lingua castelá.

Traxectoria Comezou como locutora na Cadena SER en Santiago de Compostela a principios dos anos 60, simultaneamente traballou como primeira actriz e codirectora no compostelán grupo de teatro Ditea, do que é cofundadora, postos que ocupou até 1974, sendo considerada unha das pioneiras do teatro contemporáneo galego. Con este grupo gañou premios na categoría de primeira actriz como o Hércules de Plata da Coruña (1966) ou La Máscara de Oro de Lugo (1970). En 1978 trasladouse a Ourense onde comezou a traballar na COPE e no 1983 fundou o Estudio de Artes Escénicas de Ourense, unha academia de teatro que até 1996 fixo representacións en Galicia e Portugal, ademais de recuperar a tradición dos autos sacramentais en templos. Impartiu clases de arte dramática en diferentes centros e no 1986 formou parte do elenco da obra A noite vai coma un río na montaxe do Centro Dramático Galego.

Obra escrita publicada Cauce desnudo 1974. Galí. Ruega por nosotras, 2002. Deputación de Ourense. 27 cuentos para despertar, 2004. Deputación de Ourense. Con acento humano, 2011. Deputación de Ourense.

Recoñecementos 1960 Premio "Hércules de Plata" á mellor actriz principal, no II Certame de Teatro (A Coruña). 1970 Primeiro premio "Mascara de Oro" á mellor actriz principal feminina. I Certame de Teatro (Lugo). 1973 Placa de prata e homenaxe dos oíntes de Radio Galicia de Santiago. 1973 Placa de prata da sociedade artística "La Troya" polo seu labor teatral. 1980 Homenaxe da "Comisión de la ilusión".

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Ditea Ligazóns externas Galegos.info Rosa María Cid Galante: Historia das nosas mulleres ourensás

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1937 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes