O Cancioneiro Galego-CastelánCantigas de Santa María. Prolongacións da escola trobadoresca. Os textos interpolados, AS-PG. é a recompilación de 73 poemas escritos por 21 autores feita no ano 1902 polo estadounidense Henry Lang, autor pioneiro en apuntar a existencia dun cancioneiro galego-castelán, constituído por todas aquelas composicións creadas entre 1350 e 1450 nunha lingua mesturada sen correspondencia plena con ningunha das que caracteriza cada unha das dúas escolas peninsulares.

Historia e características Lang fixo un estudo do período de transición da lírica peninsular que se estende entre a escola galego-portuguesa (1200-1350) e a castelá-portuguesa (1449-1521). No prefacio da obra publicada en 1906, explícase como se foi esvaecendo a lírica cortesá galego-portuguesa, cuxos caracteres poéticos e idiomáticos serviron como primeiras ferramentas de expresión lírica no occidente peninsular tras a morte do rei poeta Dinís de Portugal (1279-1325). Os fillos deste continuaron coa arte de trobar na Corte de Castela de Afonso XI (1312-1350), polo que a actividade non cesou por completo.

Lang sostivo que os compiladores e copistas do cancioneiros, non familiarizados co galego, introduciron palabras castelás nas copias; en consecuencia, o estudoso procurou devolver os escritos á súa lingua orixinal, de xeito que demostren a continuidade da tradición literaria en Portugal entre o primeiro e o segundo períodos de lírica cortesá.

En 1893, Carolina Michaëlis de Vasconcelos publicou unha lista crítica dos textos galegos dos que o autor se axuda para crear o volume do Cancioneiro Galego-Castelán. Ademais, agradece a Ramón Menéndez Pidal as copias dos manuscritos que realizou.

No exemplar, dispóñense os autores das cantigas en orde cronolóxica; aqueles dos que se dubida da época van ao final do tomo. Para decidir se unha composición era galega, Henry Lang fixábase na rima como elemento principal. Aqueles con formas galegas soamente foron considerados como tales cando a rima concordaba coa súa tradución.

No libro preséntase un apartado para as "Notas" e outro para o "Glosario", coa finalidade de facilitar na maior medida que os documentos menos traballados, así como algún que outro dato biográfico dos autores das cantigas.

Contidos e autores O cancioneiro está composto por 73 cantigas da escola galego-castelá de 16 autores diferentes. Entre eles destaca Alfonso Álvarez de Villasandino, coas súas 21 cantigas de temática amorosa, 4 satírica, 3 circunstanciais e 1 relixiosa. Aínda que o traballo de Villasandino foi fundamental, tamén é importante a achega doutros como Garçi Ferrandes de Gerena, con 5 poemas de temática amorosa e 3 de temática relixiosa; Macías o namorado, con 4 cantigas amorosas e 2 satíricas; Arcediano de Toro, con 3 de temática amorosa, 2 relixiosas e 1 circunstancial; e Don Pedro, Infante de Portugal, con 5 poemas de amor. Cómpre mencionar outros poetas, que aínda que só teñen unha ou dúas cantigas neste cancioneiro, foron incluídos por Henry Lang. Estamos a falar de autores: como: Pero Gonçalez de Mendoza, Un Bachiller e Maestro en Artes de Salamanca, Pero Vélez de Guevara, Íñigo López de Mendoza, Marqués de Santillana, Montoro, Pedro de Quiñones, Pedro de Santa Fe, Álvaro González de Alcántara, Gómez Manrique, Gonçalvo de Torquemada e Estamariu. +NúmeroAutorPrimeiro versoTemática001Pero Gonçalez de MendozaAi sennora, mui compridaAmorosa002Pero Gonçalez de MendozaPor Deus, sennora, [e] non me matedes!Amorosa003Macías o namoradoCativo! de mia tristuraAmorosa004Macías o namoradoAi sennora, en quen fiançaAmorosa005Macías o namoradoAmor cruel e briosoAmorosa006Macías o namoradoProvei de buscar mesuraSatírica007Macías o namoradoProvei de buscar mesuraSatírica008Macías o namoradoPois me faleceu venturaSatírica009Arcediano de ToroPor Deus! mesura,Amorosa010Arcediano de ToroO mui forte pensamentoCircunstancial (petición)011Arcediano de ToroDe quen cuido e cuideiAmorosa012Arcediano de ToroA Deus, Amor, a Deus, el Rei,Relixiosa013Arcediano de ToroOra me conven este mundo leixarAmorosa014Arcediano de ToroPois que me vejo a morte chegado,Relixiosa015Pedro de ValcarcelSe dos ojos vejoAmorosa016Garçi Ferrandes de GerenaPor leal servir, cuitado!Amorosa017Garçi Ferrandes de GerenaPor ûa floresta estrannaAmorosa018Garçi Ferrandes de GerenaDe la montanna, montanna,Amorosa019Garçi Ferrandes de Gerena"Rousinoi, vejo-t queixoso;Amorosa020Garçi Ferrandes de GerenaA vos, gran perdoador,Relixiosa021Garçi Ferrandes de GerenaQuen por Deus se empobreceRelixiosa022Garçi Ferrandes de GerenaConven-me viverAmorosa023Garçi Ferrandes de GerenaMuito tenno que gradecerRelixiosa024Alfonso Álvarez de VillasandinoA novela esperaçaCircunstancial (laudatorio)025Alfonso Álvarez de VillasandinoA que sempre obedecíAmorosa026Alfonso Álvarez de VillasandinoEntre Doiro e Minno estandoAmorosa027Alfonso Álvarez de VillasandinoPois me non valAmorosa028Alfonso Álvarez de VillasandinoDes que de vos me partí,Amorosa029Alfonso Álvarez de VillasandinoBen aja minna venturaAmorosa030Alfonso Álvarez de VillasandinoAi meus ollos, que quisistesAmorosa031Alfonso Álvarez de VillasandinoAcabada fermosura,Amorosa032Alfonso Álvarez de VillasandinoAs dancelas den-lle onorAmorosa033Alfonso Álvarez de VillasandinoCrueldad' e trocamentoAmorosa034Alfonso Álvarez de VillasandinoTempo á que moito afanei,Amorosa035Alfonso Álvarez de VillasandinoTriste ando de conventoCircunstancial (laudatorio)036Alfonso Álvarez de VillasandinoSen faliaAmorosa037Alfonso Álvarez de VillasandinoViva sempre enxalçadoAmorosa038Alfonso Álvarez de VillasandinoAi, que mal aconselladaAmorosa039Alfonso Álvarez de VillasandinoTriste soo por la partidaAmorosa040Alfonso Álvarez de VillasandinoPois me non vai,Amorosa041Alfonso Álvarez de VillasandinoLoado sejas, AmorAmorosa042Alfonso Álvarez de VillasandinoAmoroso riso angelical,Amorosa043Alfonso Álvarez de VillasandinoDe gran cuita sofredorAmorosa044Alfonso Álvarez de VillasandinoPor amores de ûa estrelaAmorosa045Alfonso Álvarez de VillasandinoDesejoso con desejo,Amorosa046Un Bachiller e Maestro en Artes de SalamancaSennor Alfonso Alvares, que Deus vos mantenna]Satírica047Alfonso Álvarez de VillasandinoAmigo sennor, franqueza desdennaSatírica048Alfonso Álvarez de VillasandinoGarcia amigo, ninguen te espanteSatírica049Alfonso Álvarez de VillasandinoAndando cuidando en meu ben cuideiCircunstancial (laudatorio)050Alfonso Álvarez de VillasandinoConsellade-me ora, amigo,Satírica051Alfonso Álvarez de VillasandinoAmor, pois que vejo as boos fugirAmorosa052Alfonso Álvarez de VillasandinoA quen ajuda o Rei exalçado,Satírica053Pero Vélez de GuevaraSancha Carrillo, se vasso talanteSatírica054Don Pedro, Infante de PortugalBen direi d'Amor,Amorosa055Don Pedro, Infante de PortugalEu tenno vountadeAmorosa056Don Pedro, Infante de PortugalO Amor me dissoAmorosa057Don Pedro, Infante de PortugalDe mi sen prez que perdíAmorosa058Don Pedro, Infante de PortugalPois que ben servisteAmorosa059Don Íñigo López de Mendoza, Marqués de SantillanaPor amar non saibamente,Amorosa060MontoroAy cuitado, agora sentoAmorosa061Pedro de QuiñonesPensando en vossa figuraAmorosa062Pedro de Santa FéAdeus, mia boa sennorAmorosa063Pedro de Santa FéPois por favor, certo seiSatírica064Don Álvaro González de AlcántaraMuito prudente sennor,Circunstancial (laudatorio)065Gómez ManriqueTraballos con desfavorCircunstancial (laudatorio)066Gonçalvo de TorquemadaUn día por mia venturaAmorosa067Gonçalvo de TorquemadaPois me vou onde cuidosoAmorosa068EstamariuA Deus quedeis, linda corte,Circunstancial (laudatorio)069Anónimo. Un portugués[O] demo, dou-che por teusCircunstancial (laudatorio)070Outro portuguésMai segre aja quen vos ensenouAmorosa071Cancións paralelísticasAi alba viide, [meu] bon amigoAmorosa072Cancións paralelísticasMinno amor, dixestes: ai!Amorosa073Cancións paralelísticasMeu laranjedo nun ten fruto,Amorosa

Recepción Canto á repercusión deste cancioneiro houbo varios académicos que afondaron no seu estudo, xunto con outros cancioneiros da mesma escola. Foi o caso de Ricardo Polín, que publicou da man da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1924 un libro que titulou A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Nesta obra reflexiona sobre o nacemento da escola galego-castelá tras a decadencia do lirismo galego-portugués, analiza a repercusión do cancioneiro de Lang e introduce os autores e as temáticas tratadas no mesmo.

Por outro lado, tense unha publicación da Universidade de Salamanca e A Coruña feita por María Isabel Toro e Gema Vallín. Seguen a liña de Polín ao explicar como se produce esa decadencia. Ademais, profundan na evolución da poesía "trovadoresca" na Península, así como na lingua que utilizaban para trobar (galego ou castelán?) e destacan outros cancioneiros como o Cancioneiro de Baena.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Cancioneiro de H. Lang

Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Cancioneiros