A Sociedade Portuguesa de Numismática (SPN) é unha entidade asociativa de carácter cultural, instituída na cidade portuguesa do Porto en 1952, que ten como obxectivo a promoción e o desenvolvemento da investigación numismática e do coleccionismo de moedas."A SPN". No sitio web da SPN.

Historia

Nacemento A idea da creación do que despois sería a Sociedade Portuguesa de Numismática xurdiu no seo dos coloquios promovidos no Café Flórida, do Porto, por un grupo de persoas afeccionadas á numismática e de coleccionistas de moedas. O 29 de maio de 1950, este grupo constituíuse como comisión fundadora dunha asociación numismática chamada, nas súas orixes, Instituto Numismático de Portugal, que xa o 31 de maio dese mesmo ano cambiou o nome a Associação Numismática de Portugal. O 5 de xullo de 1950, a comisión organizadora da nova entidade, presidida por Mário Rodolfo Revisioni Ramires aprobou a denominación definitiva de Sociedade Portuguesa de Numismática, que quedou constituída formalmente coa aprobación dos seus estatutos e co seu rexistro o día 12 de marzo de 1952. Na primeira asemblea xeral da nova sociedade, os días 15 e 17 de abril de 1952, elixiuse a súa primeira directiva, presidida por José de Barros da Rocha Carneiro, que estivo no cargo ata xaneiro de 1954."Historia". No sitio web da SPN.

No artigo primeiro dos estatutos da Sociedade Portuguesa de Numismática establécense como obxectivos a promoción de estudos numismáticos de carácter científico, o fomento da afección pola numismática, a colaboración con outras entidades para a salvagarda dos achados numismáticos, o establecemento de ligazóns con outras institucións semellantes doutros países e, finalmente, a edición dunha revista ilustrada que estude o patrimonio numismático e medallístico de Portugal. Con estes propósitos, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo a publicación dun bo número de monografías e varias publicacións periódicas, dispuxo para os seus asociados unha importante biblioteca especializada e organizou diversos eventos numismáticos.

Sede A súa primeira sede, de carácter provisional, era nunhas modestas instalacións das rúas de São Francisco e Santa Catarina, mais en 1972 pasou a ter unha sede propia definitiva, coa adquisición dun edificio no número 664 da rúa de Costa Cabral, unha casa burguesa de finais do século XIX, onde a sociedade instalou os seus servizos administrativos, a biblioteca, o museo, as salas de xuntas e outros espazos onde os asociados efectúan os seus intercambios e outras actividades diversas.

Eventos numismáticos Ao longo da súa historia, a SPN organizou ou participou na organización de diversos encontros científicos, ciclos de conferencias e exposicións, entre os que cabe salientar os seguintes:Roma Valdés, A. (2016). Páxina 184.

1963: I Exposición Biblio-Numismática. Homenaxe a Augusto Carlos Teixeira de Aragão. Facultade de Letras da Universidade do Porto. 15 de xuño. 1982: II Congreso Nacional de Numismática. Palacio da Bolsa. Porto 2 a 4 de xullo. 1982: 1ª Exposición Nacional de Numismática. Casa do Infante. Porto. 26 de xuño a 4 de xullo. 1994: I Encontro Peninsular de Numismática Antiga. CSIC. Madrid. Novembro. 1998: II Encontro Peninsular de Numismática Antiga. Facultade de Letras da Universidade do Porto. Marzo. 1999: I Congreso Luso Brasileiro de Numismática. Fase portuguesa. Porto. Coorganizado coa Sociedade Numismática Brasileira."Congressos de numismática no Brasil". En Schroeder, C. (2004). "Sociedade Numismática Brasileira. 80 anos". En Boletim da Sociedade Numismática Brasileira. Nº 54. Páxinas 52-56. 2000: II Congreso Luso Brasileiro de Numismática. São Paulo e Río de Xaneiro

Recoñecementos

1978: Medalla Presidencial da Asociación Numismática Española (ANE), en recoñecemento do traballo desenvolvido a prol do coleccionismo numismático.

Museo e biblioteca

Museo

A Sociedade Portuguesa de Numismática conta cun museo, en constante ampliación e reformulación, que amosa o acervo numismático e medallístico da entidade, reunido ao longo das súas máis de seis décadas de existencia. A colección constituíuse fundamentalmente á base de doazóns dos seus asociados, entre as que merecen ser destacadas as de tres dos seus fundadores: José de Barros, o primeiro presidente, cuxa doazón constitúe a base da colección de moeda antiga da SPN; Eduardo Niepoort, que legou a súa importante colección de medallas sobre o Porto; e o coronel Mário Ramires, a quen se lle debe un nutrido conxunto de moedas portuguesas."Museu". No sitio web da SPN. Biblioteca A Biblioteca da SPN está conformada por un amplo conxunto de monografías que cobre practicamente todos os períodos e todas as áreas temáticas da numismática e da medalística, entre as que destaca a relativa a Portugal e as súas antigas colonias. A este fondo hai que sumarlle as revistas de numismática, arqueoloxía e historia editadas por entidades científicas portuguesas e estranxeiras, ademais dun conxunto de catálogos de poxas de moedas publicados en todo mundo por empresas de comercio numismático."Biblioteca". No sitio web da SPN. Presidentes da SPN Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación:

José de Barros da Rocha Carneiro (17 de abril de 1952 - 15 de xaneiro de 1954). Damião António Peres (15 de xaneiro de 1954 - 16 de decembro de 1955). Eduard Marius Van der Niepoort (16 de decembro de 1955 - 21 de febreiro de 1960). Gualter Rodrigues (21 de febreiro de 1960 - 16 de xaneiro de 1962). Raul Ferreira Gonçalves (16 de xaneiro de 1962 - 2 de xaneiro de 1968). Armando Nery Teixeira (2 de xaneiro de 1968 - 11 de xullo de 1968). Ilídio Araújo (11 de xullo - 22 de decembro de 1968). Valdemar Cordeiro (22 de decembro de 1968 - 16 de febreiro de 1970). Raul Gonçalves (16 de febreiro de 1970 - 14 de decembro de 1971). Mário Santos de Almeida (14 de decembro de 1971 - decembro de 1983). Carlos Morais Peixoto Braga (decembro de 1983 - decembro de 1985). Jorge Valladares Souto (decembro de 1985 - 30 de xuño de 2012). Rui Manuel Sobral Centeno (desde o 30 de xuño de 2012).

Publicacións

Periódicas

NVMMVS (desde 1952)."Nummus". No sitio web da SPN.Roma Valdés, A. (2016). Páxina 180. A Permuta (desde 1953)."A Permuta". No sitio web da SPN.

Monografías Á parte das súas publicacións periódicas, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo un prolífico labor editorial desde o mesmo ano da súa fundación. Esta é só unha mostra dalgunhas das decenas de monografías publicadas pola Sociedade:"Publicações da Sociedade Portuguesa de Numismática". En Worldcat.

(1952): Do Paço, A. Citânia de Sanfins. (1952): Da Costa Couvreur, R. Moedas de D. Miguel I : um ensaio inédito de peça, de 1829. (1953): Hanitsch, K. R. A propósito dum segundo conjunto de moedas de Malaca. (1953): Da Costa Couvreur, R. Moedas de duvidosa autenticidade existentes no Statens Historisca Museum de Stockholm. (1955): Ramires, M. O tesouro de Antoninianos das Fragas do Piago. (1955): Pinto Garcia, L. Da colecção monetária de Mr. Shore. (1956): Folgosa, J. M. As moedas da África Oriental portuguesa: Moçambique. (1957): Batuwantudave, N. Numismática Indo-portuguesa. (1958): Leite de Vasconcelos, J. Nomenclatura numismática. (1959): De Almeida Ribeiro, F. Uma hipotese-- ; uma tese--. (1960): Garcia, E. Um triente inédito de Chindasvinto batido em Barbi. (1963): Prazeres Maranhão. Diccionario numismografico luzitano, em que se descrevem as moedas antigas de Portugal. (1965): Pinto Garcia, L. Descrição das moedas de Angola e S. Tomé e Príncipe. (1968): Brazão, A. Pedro Batalha Reis, grande luminar da numismática nacional. (1972): De Castro Hipólito, M. A Exposicão Numismática de Museu Gulbenkien. (1974): Mateu i Llopis, F. Évora ceca visigoda.

Publicadas como anexo de NVMMVS:"Anexos Nvmmvs". No sitio web da SPN.

(1987): Centeno, R. M. S. Circulação monetária no noroeste de Hispânia até 192. ISBN 972 9087 01 6 (1993): De Almeida, M. S. Apólices do Real Erário: apólices de D. João, Príncipe Regente. ISBN 972 9087 04 0 (1995): Gomes Marques, M. et al. Ensaios sobre história monetária da monarquia visigoda. ISBN 972 9087 06 7 (1997): Peixoto Cabral, J. M., Metcalf, M. A moeda sueva / Suevic coinage. ISBN 972 9087 08 3 (1997): Da Silva Ruivo, J. Circulação monetária na Estremadura portuguesa até aos inícios do séc. III. ISBN 972 9087 10 5 (2002): De Guinea Barbosa, B. Tesouros monetários romanos em Portugal: da República ao reinado de Augustus. ISBN 972 9087 11 3

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas Lista de museos numismáticos

Bibliografía

Roma Valdés, A. (2016). Numismática española e iberoamericana. Su origen como disciplina y sus protagonistas. Ed. Morabetino. Páxina 180. ISBN 5-800118-360561

Ligazóns externas

Sitio web da Sociedade Portuguesa de Numismática

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Portugal Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Museos de numismática