Burgas (en ) é unha cidade de Bulgaria, a segunda en tamaño en toda a costa do mar Negro. É tamén a cuarta en poboación do país, despois de Sofía, Plovdiv e Varna. É a capital da provincia de Burgas e do concello de Burgas e un centro turístico e industrial. Os lagos de Burgas atópanse arredor da cidade. Atópase no leste de Bulgaria e é a capital da provincia máis grande do país, cos seus 7.748'1 km².
Historia esquerda|miniatura|Moeda de Alexandre Severo. Burgas é a sucesora da cidade grega de Pirgos (Πύργος), fundada por colonos de Apolonia como un posto militar e de observación contra Mesembria, o outro establecemento importante na rexión.Ademais de Pirgos, a cidade actual esténdese sobre a área doutro tres antigos establecementos: Kastiacion, Skafida e Rossokastron. Os primeiros habitantes da cidade eran tracios. Os arqueólogos atoparon máis de 250 obxectos relacionados coa agricultura e a obtención de sal. Son os artefactos máis antigos xamais atopados en toda a costa do mar Negro, ademais de Turquía e o Cáucaso. A 15 km ó suroeste de Burgas está a antiga cidade romana Deultum que fora unha colonia militar. Aquí construíuse un centro clínico preto das moitas augas termais da zona.
miniatura|200x200px|Arquitectura de Burgas Na Idade Media, unha pequena fortaleza chamada Pirgos (sendo Πύργος "torre" en grego) foi erixida no lugar e utilizada moi posiblemente como atalaia. Recentemente no século XVII un establecemento chamado Ahelo-Pirgas creceu na área moderna da cidade. Máis adiante foi renomeado como Bourgas. Tiña soamente uns 3.000 habitantes, a maioría deles gregos no momento da Liberación. A cidade empeza a crecer grazas ó comercio e á exportación de fariña. É no século XVII cando recibe o seu actual nome.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Bulgaria