miniatura|Península de Kola como parte da Rexión de Múrmansk.
A Península de Kola (en ; en , Kolsky poluostrov) é unha península que se atopa no norte da Rusia europea, no oblast de Múrmansk. Limita ao norte co mar de Barents e ao leste e ao sur co mar Branco.
A fronteira occidental da península de Kola esténdese ao longo do meridiano desde o golfo de Kola a través do lago Imandra, o lago Kola e o río Niva ata o golfo de Kandalaksha. A península cobre unha área de máis de 100.000 km². A costa setentrional elévase abruptamente desde o nivel do mar, mentres que a meridional é practicamente chá. Ao oeste da península atópanse dúas cordilleiras: as montañas Khibinys e a tundra de Lovozero.
Categoría:Penínsulas de Rusia