Mary Frances Lyon FRS, nada en Norwich o 15 de maio de 1925 e finada en Oxfordshire o 25 de decembro de 2014, foi unha xenetista inglesa, coñecida principalmente polo seu descubrimento da inactivación do cromosoma X, un importante fenómeno biolóxico que tamén se chama, na súa honra, lyonización.Mary Lyon Entry in Who named it? . Consultado o 4 de marzo de 2015.Oakes, Elizabeth H. Lyon, Mary Frances. International Encyclopedia of Women Scientists. New York, NY. Facts on File, Inc. 2002. Facts on File, Inc. Science Online. factsonfile.com.
Infancia e educación Mary Lyon naceu o 15 de maio de 1925 en Norwich, Inglaterra e era a máis vella de tres irmáns fillos dun funcionario e unha mestre de escola. Foi educada nun instituto en Birmingham. Durante esa época, segundo ela dixo, empezou a interesarse na ciencia grazas a un bo mestre de escola e os libros de natureza que gañou nun concurso de redacción. Durante a Segunda guerra mundial, proseguiu os seus estudos no Girton College, Cambridge da Universidade de Cambridge, onde leu libros de zooloxía, fisioloxía, química orgánica e bioquímica, sendo a zooloxía a principal materia. Daquela, só se lles permitía estudar na universidade a unhas 500 mulleres, en comparación con máis de 5000 homes. Ademais, as mulleres recibían só o chamado grao "titular", é dicir, non se lles outorgaba o grao, a pesar de que asistían ás mesmas clases que os homes e realizaban os mesmos cursos prácticos e os mesmos exames ca eles. Durante esa época interesouse na embrioloxía. Continuou os seus estudos facendo o seu PhD (doutoramento) con R. A. Fisher, que foi profesor de xenética en Cambridge, onde ela caracterizou unha cepa mutante de ratos coa mutación 'pálida' e publicou a investigación. Durante o curso do seu doutoramento trasladouse a Edimburgo.
Investigación
Despois de obter o seu doutoramento en 1950, Lyon uniuse ao grupo de Conrad Hal Waddington, co cal traballara na última parte do seu doutoramento. O grupo fora fundado polo Medical Research Council para investigar a mutaxénese e os riscos xenéticos da radiación. Ademais dos ratos coa mutación 'pallid' ('pálida'), estudou mutacións como a 'ataxia' (que afecta ao sistema nervioso causando dificultades para camiñar aos ratos) e a 'twirler' (unha mutación que causaba probemas no oído interno, facendo que os ratos abaneasen a cabeza e camiñasen en círculos debido á perda do equilibrio).
En 1955, o seu grupo trasladouse á unidade de radiobioloxía MRC de Harwell, onde había máis espazo para o equipamento necesario para os ratos. Alí continuou investigando as mutacións dos ratos. Tamén examinou o mutante 'mottled' (de pintas), que tiña un efecto diferente en machos e femias de rato: os embrións masculinos ás veces morrían e os machos superviventes tiñan pelame branco, pero as femias normalmente vivían e eran variegadas. Por medio de hibridacións dirixidas e calculadas de mutantes, investigou a transición da mutación e chegou á conclusión de que a mutación estaba situada no cromosoma X. Isto, xunto con novos descubrimentos daquela época sobre o cromosoma X, levárona a hipotetizar o silenciamento do cromosoma X.
Lyon publicou moitos artigos científicos revisados por pares sobre a radiación e a mutaxénese química e sobre estudos de xenes mutantes.Mary F. Lyon's publications indexed by the Scopus bibliographic database Fixo un amplo traballo sobre o complexo t dos ratos.
Encabezou a sección de xenética da unidade de radioloxía MRC de Harwell desde 1962 a 1987. Aínda que se retirou da investigación en 1990, segundo unha entrevista realizada en 2010, seguiu realizando actividades no laboratorio unhas poucas veces á semana.
Inactivación do cromosoma X
Mentres estaba facendo traballos sobre os perigos da radiación en 1961 descubriu a inactivación do cromosoma X, pola cal sería principalmente coñecida, e dito fenómeno denomínase tamén lyonización na súa honra. As súas posteriores investigacións axudaron a dilucidar os mecanismos de control xenético do comosoma X e axudaron a explicar por que as femias 'portadoras' de trastornos xenéticos ligados ao X podían presentar síntomas suaves.
Premios e honores
Lyon foi elixida membro da Sociedade Real en 1973, asociada estranxeira da Academia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos e membro honorario estranxeiro da Academia Americana das Artes e as Ciencias. En 1994 gañou o Premio Mauro Baschirotto de xenética humana, en 1997 o Premio Wolf de Medicina pola súa hipótese sobre a inactivación aleatoria do cromosoma X en mamíferos. En 1997 recibiu o Premio Amory polos seus descubrimentos xenéticos sobre os cromosomas sexuais de mamíferos. En 2004 foi galardoda co Premio March of Dimes en bioloxía do desenvolvemento. En 2006 recibiu o Premio Pearl Meister Greengard da Universidade Rockefeller. Desde 2015 A Sociedade da Xenética outorga a Medalla Mary Lyon na súa honra.
Outros premios e honores que recibiu foron:
In 1984 gañou a Medalla Real da Sociedade Real. En 2003 recibiu a Medalla Mendel d'A Sociedade da Xenética. En 2006 foi galardoada co Premio Rosenstiel, xunto con Davor Solter e Azim Surani.
O seu nomeamento para a Sociedade Real dicía así:
Notas
Categoría:Xenetistas Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2014