A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Demografía Padrón municipal 2020 15.571 habitantes Menores de 15 anos 1.170 (7,51 %) Entre 16 e 64 anos 8.296 (53,28 %) Maiores de 65 anos 6.105 (39,21 %)

Clima O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

O Ribeiro na cultura popular galega Refraneiro Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño Marcial Valladares Núñez (1884)'. O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño.. O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos . O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro . O viño do Ribeiro non ten compañeiro . O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro . Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro . Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia . Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .

Cantigueiro O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.

Ribeiro, Comarca do