A comarca do Morrazo ou de Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas de Morrazo, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.
É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).
É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.
O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas de Morrazo, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo.
Municipios Os municipios que forman a comarca do Morrazo son: Nome doconcelloPoboación(2001)Censo do 1 de novembro de 2001: Instituto Nacional de Estatística, Madrid.Poboación(2011)Censo do 1 de novembro de 2011: Instituto Nacional de Estatística, Madrid.Poboación(2018)Estimación do 1 de xaneiro de 2018: Instituto Nacional de Estatística, Madrid. Bueu12,35012,33912,148 Cangas de Morrazo23,98126,33226,487 Marín24,99725,35724,362 Moaña17,88719,27719,448 Total79,21583,30582,445
Bueu: Municipio de 11.950 habitantes situado ó noroeste. Marín: Municipio de 24.242 habitantes situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña. Moaña: Municipio de 19.452 habitantes situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros. Cangas de Morrazo: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel 26.708 persoas. É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.
Economía A economía da comarca baséase no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 34.000 persoas.
Delas teñen emprego 29.821 (xuño do 2022) e están desempregadas 5.630.
O Morrazo posúe varios portos:
Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.
Porto de Cangas de Morrazo: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.
Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.
Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.
O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no concello de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta ten numerosas praias e quilómetros de costa.
Sectores produtivos na Comarca do MorrazoSector primario8,76 %Sector secundario23,43 %Sector Terciario67,74 %
Demografía A poboación do Morrazo era de 82.439 habitantes no 2021. A comarca conta cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Ao longo da década dos anos dez do século XXI, o concello de Marín foi superado polo de Cangas en poboación. O número de habitantes de Cangas mantívose á alza durante todo o século XXI, experimentando un crecemento constante durante os anos. Caso semellante, pero menos importante en canto a cifras foi Moaña que mantivo unha lixeira tendencia ascendente, mentres que pola contra no de Bueu e especialmente no de Marín a tendencia foi descendente.
Padrón municipal 2020 82.226 habitantes Menores de 15 anos 11.328 (13,78 %) Entre 16 e 64 anos 53.340 (64,87 %) Maiores de 65 anos 17.558 (21,35%)
Galería de imaxes ''Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo
Notas
Morrazo, Comarca do