Outra tribo distinta, a dos polanos orientais, vivía na zona do río Dniepper.
miniatura|120px|Polanie Os polanos (en polaco, polanie) foron unha tribo eslava que habitou as beiras do río Warta a finais do século VIII.
Historia Cara ao século X, chegaran a se-la tribo máis poderosa entre os ríos Odra e Bug e entre os Cárpatos e o Mar Báltico, asoballando as demais tribos eslavas. No século X tamén conseguiron integrar as terras da Masovia, Cujavia e Grande Polonia.
Os achados arqueolóxicos máis recentes mostran catro fortalezas principais no antigo estado polano:
Giecz - lugar desde onde os piasts controlaron outros grupos de polanos. Poznannia - o maior gród no estado, probabelmente a principal fortaleza. Gniezno - probabelmente o centro relixioso do estado, mais non hai achados arqueolóxicos para probar esa teoría. Ostrów Lednicki - pequena fortaleza a medio camiño entre Poznan e Gniezno.
A unión tribal liderada pola dinastía Piast en breve se transformaría no que hoxe é a Polonia.
Véxase tamén Outros artigos Polanos orientais.
Categoría:Historia de Polonia Categoría:Pobos eslavos