dereita|miniatura|Gran Canón, Arizona. dereita|miniatura|Canón do Sil, Galicia. En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal. Outras orixes dos canóns son:
Canóns kársticos, producidos pola incisión máis a karstificación. Canóns asociados a fracturas, nas que tamén debe de haber karstificación ou un cambio do nivel de base. Canóns de carácter estrutural, como as cluses.
En xeral, os relevos tabulares favorecen a presenza de canóns profundos asociados a fracturas, por exemplo os karsts.
Canóns famosos Avon Gorge, en Bristol, Inglaterra Canón Fortaleza, en Cambará do Sul, Brasil Cataract Gorge, en Launceston, Australia Cheddar Gorge, en Somerset, Inglaterra Canón de Colca, no río Colca, no Perú Canón de Vikos, en Grecia Canón de Taroko, en Taiwán Columbia River Gorge, en Norteamérica Fish River Canyon, en Namibia Glen Nevis, en Lochaber, Escocia Grand Canyon du Verdon, na Provenza, Francia Gran Canón, do río Colorado, en Arizona, Estados Unidos Gorges du Tarn, en Francia Hells Canyon, entre Idaho e Oregón, Estados Unidos Desfiladeiro de Ironbridge, en Shropshire, Escocia Itaimbezinho, en Cambará do Sul, Brasil Kloof Gorge, en Kloof, Suráfrica Palo Duro Canyon, en Texas, Estados Unidos Red River Gorge, en Kentucky, Estados Unidos Royal Gorge, en Colorado, Estados Unidos Canón do río Tara, en Montenegro As Tres Gorxas, na China Kings Canyon, en California, Estados Unidos Canón do Sil, en Galicia
Véxase tamén
Outros artigos Canón submarino
Categoría:Xeomorfoloxía Categoría:Accidentes xeográficos