Chingiz Mustafayev, máis coñecido simplemente como Chingiz, é un cantante, compositor e guitarrista acerbaixano nado en Moscova. Representará ao seu país no Festival de Eurovisión 2019 en Tel Aviv coa canción "Truth".
Biografía Chingiz naceu en Moscova e mudouse a Qazax, Azerbaidján, cando tiña seis anos de idade. Aprendeu a tocar a guitarra e empezou a compor cancións cando era moi novo.
Carreira Con 13 anos, mudouse coa súa nai e o seu irmán a Bakú, onde se presentou á versión acerbaixana de Pop Idol en 2007. Chingiz gañoua competición, e pouco despois converteuse nunha nova estrela na industria musical de Azerbaidján. En 2013, representou a Azerbaidján internacionalmente no Festival New Wave en Jūrmala, Letonia, quedando na posición 11 e cantando nun solo con Polina Gagarina. Tres anos despois, Mustafayev audicionou para a sexta edición de The Voice of Ukraine, quedando eliminado nas batallas. Dende aí, Chingiz fixo carreira co seu grupo Palmas, chamándose así Chingiz & Palmas, mesturando o folk tradicional de Azerbaidján e Turquía con aires flamencos e pop. A principios de 2019, Chingiz lanzou en solitario o sinxelo "Tənha gəzən".
O 8 de marzo de 2019, confirmouse que Chingiz representaría a Azerbaidján no Festival de Eurovisión 2019 coa canción "Truth", actuando na segunda semi-final o 16 de maio de 2019 en Tel Aviv.
Discografía
Sinxelos Título Ano Álbum "Qürbət"2018 rowspan="4" "Get" "Tənha gəzən"2019 "Truth"
Notas
Categoría:Cantantes de Azerbaidján Categoría:Representantes de Azerbaidján en Eurovisión Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1991