Ernesto Mauri, nado o 2 de decembro de 1946 en Vimercate, provincia de Monza e Brianza, Lombardía, é un home de negocios e editor italiano.

Traxectoria Licenciado en economía pola Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán.

A súa carreira profesional, despois dun período nunha empresa de auditoría, comezou en 1975 con Rusconi Editore. Dentro de Rusconi Editore, Mauri realizou varias tarefas, contábeis, administrativas e publicitarias, até ocupar o cargo de xerente xeral en 1989. O período en Rustioni concluíu en 1991, época na que o número de xornais aumentou de 6 a 26.

Como editor, Mauri tivo a oportunidade de desenvolver unha experiencia internacional, primeiro en Francia con Hachette e logo en España co Grupo 16. Participou no nacemento de Italia 1, a rede de televisión fundada en 1982.

Desde 2008 é o presidente de Mondadori France, desde 2013 é o conselleiro delgado do Grupo Mondadori, e desde xaneiro de 2015 é o presidente de Mondadori Libri S.p.A.

Desde xullo de 2014 é membro do comité de presidencia da Federación italiana de editores de xornais (FIEG).

O 9 de novembro de 2011 foi nomeado Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura do goberno francés Frédéric Mitterrand.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Alessandra Raggio, ed. (2007): Album Mondadori 1907/2007. Milán: Arnoldo Mondadori Editore. ISBN 978-88-370-6081-7.

Categoría:Editores Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados na provincia de Monza e Brianza