Os quitridiomicetos (Chytridiomycetes) é unha clase de fungos. Viven no solo, augas doces e estuarios salinos. Os máis antigos que se coñecen quedaron fosilizados no chert de Rhynie. Recentemente os Chytridiomycetes foron redefinidos para excluír os taxons dos Neocallimastigomycota e Monoblepharidomycetes, que son agora un filo e unha clase irmá, respectivamente.

Chytridiomycetes é a principal clase do filo (ou división) Chytridiomycota, que contén varias especies parasitas. Polo menos dúas especies desta clase infectan a diversas especies de anfibios e están a contribuír de forma importante ao seu declive.

Filoxenia Baseada na obra "The Mycota: A Comprehensive Treatise on Fungi as Experimental Systems for Basic and Applied Research", Powell e Letcher 2015 e Karpov et al. 2014.

Notas

Categoría:Chytridiomycota Categoría:Fungos