Francisco Igea Arisqueta, nado en Valladolid o 17 de abril de 1964, é un médico e político español.

Traxectoria Licenciouse en medicina pola Universidade de Valladolid, especializándose posteriormente no aparato dixestivo. Dende 1993 traballou no Hospital Río Carrión de Palencia.

En novembro de 2014 presentouse ás primarias de Unión Progreso y Democracia (UPyD) como candidato á Presidencia da Xunta de Castela e León. Posteriormente abandonou o partido para incorporarse ás filas de Ciudadanos. Tras un proceso de primarias entrou na candidatura do partido ao Congreso por Valladolid, resultado elixido nas eleccións xerais de decembro de 2015 deputado.

En xaneiro de 2017 ao se renovar o Comité Executivo da formación laranxa, Igea entrou a formar parte da directiva do partido, responsabilizándose da área de SanidadeFicha de Francisco Igea na sección Equipo da páxina web de Ciudadanos

En febreiro de 2019 anunciou a súa intención de competir contra Silvia Clemente no proceso interno para seleccionar o aspirante do partido á presidencia da Xunta de Castela e León. O 11 de marzo, tras a revisión dos votos telemáticos, Ciudadanos deu a vitoria a Igea fronte á ex-dirixente popular, polo que se proclamou a Igea candidato á Xunta de Castela e León para as autonómicas do 26-M.Igea gana finalmente las primarias de Cs a Silvia Clemente

Notas

Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1964 Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Conselleiros da Xunta de Castela e León