Günter Behnisch, nado en Lockwitz o 12 de xuño de 1922 e finado en Stuttgart o 12 de xullo de 2010 foi un arquitecto alemán. Durante a segunda guerra mundial converteuse nun dos máis novos comandantes alemáns de submarino. Posteriormente converteuse nun dos máis destacados arquitectos, representante do deconstrutivismo. Os seus importantes proxectos inclúen o parque olímpico de Múnic e o novo parlamento alemán de Bonn.

Traxectoria Primeiros anos miniatura|230px|Cámara de plenos do Bundestag alemán en Bonn Behnisch foi o segundo de tres nenos en Lockwitz preto de Dresden.David Childs, Günter Behnisch: The architect behind Munich's groundbreaking Olympic Stadium , en The Independent (Londres), 7 de agosto de 2010, consultado o 1 de marzo de 2012 Asistiu a diversas escolas debido a que o seu pai, socialdemócrata foi arrestado, despedido e destinado a Chemnitz polo novo goberno nazi.

En 1939, Behnisch uniuse voluntariamente á mariña (Kriegsmarine) con dezasete anos, o que supuña unha alternativa menos pesada ao servizo laboral obrigatorio ou ao recrutamento do exército. Eventualmente converteuse en oficial de U-boat e serviu a bordo do U-952. En outubro de 1944, converteuse nun nos comandantes máis novos cando dirixiu o U-2337. Ao final da segunda guerra mundial rendeu o seu submarino aos británicos e converteuse en prisioneiro de guerra no castelo de Featherstone en Northumberland.

Behnisch inicialmente preparouse como albanel, mais en 1947 comezou a estudar arquitectura na Universidade de Tecnoloxía de Stuttgart.Thorsten Dörting, Obituary of the Architect Günter Behnisch, en Spiegel online internacional, 13 de xullo de 2010, consultado o 9 de agosto de 2010

Carreira arquitectónica miniatura|esquerda|230px|Parque olímpico de Múnic (1972) Un dos seus edificios máis destacados foi o novo parlamento da capital alemá occidental, Bonn. Aínda que gañou o concurso de deseño en 1973, a construción non comezou ata 1987 e completouse en 1992.

Estableceu o seu propio despacho de arquitectura en Stuttgart en 1952, que en 1966 se converteu en Behnisch & Partner.

O seu fillo Stefan Behnisch creou unha empresa separada, Behnisch Architekten en 1989.

Proxectos completados 1972. Olympic Park en Múnic, Alemaña 1992. Complexo plenario do parlamento alemán (Bundestag) in Bonn, Germany 1993-2005. Edificio da Academia das Artes en Berlín, expansión de cristal do reconstruído reconstructed Hotel Adlon 1997 State Clearing Bank – Landesgirokasse en Stuttgart, Alemaña 1998. Torre de control do aeroporto de Nürnberg, Alemaña 2002. North German State Clearing Bank en Hannover, Alemaña 2003. Centro Genzyme en Cambridge, Massachusetts, USA 2005. Centro de investigación celular e biomolecular en Toronto, Canadá

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Arquitectos de Alemaña Categoría:Militares de Alemaña da segunda guerra mundial