Xoán II Comneno, nado en Constantinopla o 13 de setembro de 1087 e finado en Cilicia o 8 de abril de 1143, foi un emperador bizantino.

Traxectoria

Fillo e sucesor de Aleixo I Comneno, interveu na Península Balcánica esmagando os restos dos pechenegos (1122), e interveu tamén en Hungría e Serbia. Menos éxito tivo na súa intervención nas loitas entre pisanos e xenoveses, sen lograr axuda de ningún para aliviar o dominio veneciano do comercio bizantino.

En Oriente logrou impoñer a súa autoridade sobre o principado de Antioquía, e sobre os estratéxicos condados de Edesa e Trípoli. Planeaba o avance cara a Palestina cando foi ferido mortalmente nun accidente de caza.

Foi considerado polos seus contemporáneos como o mellor emperador da dinastía Ducas-Comneno.Birkenmeier (2002), p. 85

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Dinastía Ducas-Comneno Categoría:Nados en 1087 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 1143