Nicéforo III Botaniates, nado cara ao 1002 e finado o 10 de decembro de 1081, foi emperador de Bizancio dende 1078 ata a súa morte.
Traxectoria Foi proclamado emperador polo exército de oriente en 1078 en Nicea, tras rebelarse contra Miguel VII Ducas. Vénceo coa axuda do turco selxúcida Süleyman I, ao que paga tributo, e casa coa emperatriz María de Alania, viúva de Miguel VII Ducas. Coa axuda de Aleixo Comneno, elimina os seus rivais, entre eles o xeneral Nicéforo Brienios, e consegue facerse aceptar pola aristocracia e o clero.
O seu reinado é unha cadea de revoltas e de guerras civís. Tras desfacerse o partido da burocracia civil, o Senado atopouse privado de toda autoridade.
Co apoio de Constantino Ducas, Aleixo Comneno apodérase do poder e relega a Nicéforo ao convento de Peribleptos.
Categoría:Cruzadas Categoría:Dinastía Ducas-Comneno Categoría:Finados en 1081