A UCI ProTour é un sistema de competición dirixido pola Unión Ciclista Internacional (UCI) e creado polo expresidente da devandita asociación, Hein Verbruggen. Está composto por unha serie de carreiras de bicicleta en estrada e un número de equipos ciclistas, cada un dos cales debe competir en tódalas carreiras do sistema. O 2005 foi o primeiro ano no que tivo validez.

Creación A Uci ProTour xurdiu nunha clara imitación do modelo da Fórmula 1. Antes da súa existencia, cada carreira invitaba libremente ós equipos que desexaba e cada equipo acudía ás carreiras que escollías. Isto tiña tanto inconvenientes como vantaxes: As tres grandes Voltas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España) tiñan a posibilidade de invitar equipos pequenos do seu país para promovelos e darlles máis importancia no ciclismo internacional. As carreiras de mediana importancia víanse prexudicadas, porque moitos grandes equipos non acudían a elas. Os equipos pequenos podían verse invitados a acontecementos ciclistas importantes. Os equipos grandes podían acudir ás carreiras que desexaban e reservar moitos dos seus corredores para as máis importantes. Pero adoitaban ter problemas de financiamento, e os patrocinadores non permanecían moito tempo xa que non obtiñan o rendemento económico que desexaban.

Para intentar solucionar estes problemas, Hein Verbruggen creou, fronte á oposición das grandes carreiras e dos equipos pequenos, o coñecido como UCI ProTour.

Vantaxes e desvantaxes O UCI ProTour foi longamente criticado debido a que deixaba ós equipos pequenos (que non estaban integrados no sistema) á marxe dos acontecementos deportivos importantes. Desa forma, estes equipos só poden acudir a carreiras pequenas que lles proporcionan poucos rendementos económicos e esperar unha das escasas invitacións das Voltas máis grandes para poder adquirir algo de importancia.

Ademais, as Voltas máis grandes vían que, co UCI ProTour, a súa capacidade de decisión reducíase. Os únicos criterios de competición que pasaban a ser válidos eran os da UCI e, a raíz diso, carreiras coma o Tour de Francia incumpriron en numerosas ocasións as normativas da UCI ProTour.

A controversia relativa a este tema continúa: a UCI vese imposibilitada a tomar sancións contra carreiras coma o Tour (os organizadores da cal teñen case maior capacidade de decisión que a UCI mesma) e os equipos pequenos amosan continuas queixas.

Equipos aceptados na UCI ProTour miniatura|300px|Ivan Basso (CSC), no Tour de 2005 CódigoEquipoPaís AGR AG2R Prévoyance Francia BTL Bouygues Télécom Francia CEI Illes Balears-Caisse d'Epargne España COF Cofidis Francia CRE Crédit Agricole Francia CSC Team CSC Dinamarca DSC Discovery Channel Estados Unidos de América DVL Predictor-Lotto Bélxica EUS Euskaltel-Euskadi España FDJ Française des Jeux Francia GST Gerolsteiner Alemaña LAM Lampre-Fondital Italia LIQ Liquigas-Bianchi Italia LSW Astana-Würth España MRM Milram Italia PHO Phonak Suíza QSI Quick Step-Innergetic Bélxica RAB Rabobank Países Baixos SDV Saunier Duval-Prodir España TMO T-Mobile Alemaña

Baremo de puntuación

Clasificación Individual

Tour de Francia Volta a España Giro de Italia Milán-San Remo Tour de Flandres París-Roubaix Lieja-Bastogne-Lieja Giro da Lombardía

Outras probas por etapas do UCI ProTour Outras probas dun día do UCI ProTour Campionatos

do Mundo Clasificación Final da Proba 1 100 85 50 40 50 2 75 65 40 30 40 3 60 50 35 25 35

4 55 45 30 20 5 50 40 25 15 6 45 35 20

11 7 40 30 15 7 8 35 26

10 5 9 30 22 5 3 10 25

19 1 1 11 20 16 12 15 13 13 12 11 14 9 9 15 7 7 16 5 5 17 4 4 18 3 3 19 2 2 20 1 1 Etapas 1 3 3 1 2 2 2 3 1 1

Os puntos gañados nas etapas serán sumados o último día da proba.

A proba contra o reloxo por equipos non dá puntos.

Os puntos que correspondan ás prazas obtidas por corredores que non pertencen a equipos UCI ProTour non serán contados.

O líder da clasificación UCI ProTour levará un maillot branco que o identificará.

Clasificación por equipos

</strong> Clasificación do equipo na proba Puntos

1 20 2 19 3 18 4 17 5 16

6 15 7 14 8 13 9 12 10 11 11 10 12

9 13 8 14 7 15 6 16 5 17 4 18 3

19 2 20 1

Os puntos obtidos por equipos que non pertenzan ó UCI ProTour non son atribuíbles.

Clasificación por Países

A clasificación por países ten en conta os puntos obtidos polos 5 primeiros corredores de cada país na clasificación individual.

As clasificacións individuais, por equipos e por países serán actualizadas ó final de cada proba do UCI ProTour.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Website oficial Unión Ciclista Internacional

Categoría:Ciclismo Categoría:Tour de Francia