A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.
Demografía No ano 2020 segundo o IGE tiña 25.537 habitantes. Dentro dos movementos naturais da poboación pódese destacar que no ano 2020 houbo 114 nacementos en contra de 362 óbitos, cun saldo vexetativo negativo de -248 persoas.
Padrón municipal 2020 25.537 habitantes Menores de 15 anos 2.754 (10,78 %) Entre 16 e 64 anos 15.713 (61,53 %) Maiores de 65 anos 7.070 (27,69 %)
Galería de imaxes
Notas
Mariña Occidental