Ana Belén Ermida Igrexas, nada en 1983, é unha política galega do BNG e a alcadesa de Barreiros dende o ano 2019.

Traxectoria Tras de estudar no IES Porta da Auga de Ribadeo, estudou Dereito na USC. Foi xerente do GDR Montes e Vales orientais. Nas eleccións municipais de 2011 foi a número 2 da candidatura do BNG e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2015 foi cabeza de lista, pasando de 2 a 4 concelleiros e afianzándose como principal forza da oposición. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do BNG, obtendo 5 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio da única concelleira do PSdeG, sendo a primeira alcaldesa do concello e a primeira vez, dende as primeiras eleccións democráticas, que o PPdeG (ou os seus antecesores ideolóxicos) non conseguía a alcadía deste concello. Nas municipais de 2023 volveu ser elixida alcaldesa logo de reeditar o pacto coa única concelleira socialista.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Barreiros

Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Alcaldes de Barreiros Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela