A 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 14 até o 25 de maio de 2019. O director mexicano Alejandro González Iñárritu exerceu como presidente do xurado. A Palma de Ouro recaeu sobre o filme surcoreano Gisaengchung, dirixido por Bong Joon-ho. Bong converteuse no primeiro director coreano en acadar o premio.
A comedia de zombis do director estadounidense Jim Jarmusch, The Dead Don't Die, foi o filme que inaugurou o festival. O festival honrou a directora francesa Agnès Varda, quen morreu en marzo de 2019, a cal aparece no póster oficial do festival. A fotografía empregada foi tirada durante a rodaxe do seu primeiro filme, La Pointe Courte (1955), que posteriormente se estrearía no festival.
O filme galego O que arde, dirixido por Óliver Laxe, estreouse na sección oficial do festival Un Certain Regard o 21 de maio de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a primeira vez que un filme en lingua galega é proxectado na sección oficial.
Notas
Categoría:Festival Internacional de Cinema de Cannes