miniatura|Gandhi na resistencia contra os impostos cobrados polo sal. A resistencia fiscal é a negativa a pagar impostos motivada pola oposición ao goberno que está impondo o imposto ou pola política do goberno ou como oposición ao concepto de tributación en si. A resistencia fiscal é unha forma de acción directa e en caso de violación das normas fiscais, unha forma de desobediencia civil. Os exemplos de campañas de resistencia fiscail inclúen aquelas como a marcha do sal liderada por Mahatma Gandhi, e aquelas que promoven o sufraxio feminino, como as da Women's Tax Resistance League.
A resistencia fiscal á guerra é a negativa a pagar algúns ou todos os impostos que pagan para a guerra sendo unha forma de resistencia non violenta. A resistencia fiscal á guerra pode ser practicada por obxectores de conciencia, pacifistas, ou por aqueles que protestan contra unha guerra en particular. Por exemplo, os resistentes á guerra poden optar por evitar os impostos ao aceptar unha vida simple por baixo do limiar do imposto sobre a renda.
Historia miniatura|Campesiños exipcios aprehendidos por falta de pagamento de impostos As formas máis antigas e máis difundidas de tributación foron a corvea e o décimo. A corvea era imposta polo Estado como traballo forzado a campesiños moi pobres para pagar outras formas de tributación. miniatura|Festa do Té de Boston o 16 de decembro de 1773. Xa que a tributación é moitas veces entendida como opresiva, os gobernos loitaron sempre co incumprimento fiscal e a resistencia. De feito, considerouse que a resistencia fiscal pode ter desempeñado un papel significativo na caída de varios imperios, incluíndo o exipcio, o romano, o español e o azteca.
Os relatos de rexeitamento de impostos colectivo inclúen os celotes que se resistían ao imposto de votación romana durante o século 1 dC, culminando coa primeira guerra xudaico-romana. Outros eventos históricos que se orixinaran como revoltas fiscais inclúen a Carta Magna, a Revolución Americana e a Revolución Francesa.
Os resistentes fiscais moitas veces destacan a relación entre o imposto sobre a renda e a guerra. Na Gran Bretaña o imposto sobre a renda foi introducido en 1799 para pagar as armas e os equipamentos que se estaban preparando para a guerras napoleónicas, mentres o goberno federal dos Estados Unidos impuxo o seu primeiro imposto sobre a renda na Revenue Act de 1861 para axudar a pagar a Guerra Civil Americana.
Ideais e obxectivos Os resistentes fiscais veñen dunha ampla gama de diversas ideoloxías e obxectivos. Henry David Thoreau e William Lloyd Garrison inspiráronse na Revolución Americana e no pacifismo teimoso dos cuáqueros. Algúns resistentes fiscais rexeitan pagar impostos, porque a súa consciencia non lles permite financiar a guerra, mentres outros resisten aos impostos como parte dunha campaña para derrubar o goberno.
Os resistentes fiscais varían moito, existiron revolucionarios violentos como John Adams; pacifistas como John Woolman; comunistas como Karl Marx; capitalistas como Vivien Kellems; activistas solitarios antiguerra como Ammon Hennacy ou líderes de movementos de independencia como Mahatma Gandhi.
Métodos Como un exemplo dos moitos métodos de resistencia fiscal, a continuación están algunhas das técnicas legais e ilegais usadas por opositores fiscais á guerra:
Legal reducir os seus pagamentos de impostos por medio de técnicas legais de evasión fiscal. Pagar so protesta Algúns contribuíntes pagan os seus impostos, mais inclúen cartas de protesta, xuntamente con seus formulários de imposto. Ilegal reducir o imposto pagado a través evasión fiscal ilegal. Por exemplo, unha maneira de fuxir do imposto da renda é só traballar sen ser rexistrado, contornando o imposto retido na fonte.
Notas
Véxase tamén Desobediencia civil
Ligazóns externas
Consciencia Canadá Death and Taxes - filme sobre a resistencia fiscal e as súas motivacións History of War Tax Resistance por Peace Tax Seven (U.S./UK focus) Resistance to Civil Government por Henry David Thoreau The Tax Resistance League — tax resistance in the women's suffrage movement The Theory, Practice & Influence of Thoreau's Civil Disobedience escrito por Lawrence Rosenwald.
Categoría:Activismo social Categoría:Movementos sociais Categoría:Impostos