Walter Robert Szczerbiak, nado o 5 de marzo de 1977 en Madrid, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Szczerbiak foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Minnesota Timberwolves. Cos Timberwolves chegou a ser All-Star en 2002, onde xogou para a Conferencia Oeste tras ser elixido polos adestradores.

O 26 de xaneiro de 2006, Szczerbiak foi traspasado xunto a Michael Olowokandi, Dwayne Jones e unha elección da primeira rolda do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Ricky Davis, Mark Blount, Marcus Banks, Justin Reed e dúas eleccións da segunda rolda do Draft.

O 28 de xuño de 2007, na noite do Draft, Szczerbiak foi traspasado xunto a Delonte West e Jeff Green ós Seattle SuperSonics, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.Sonics' Allen traded to Celtics for Wally, West & Green, 29 de xuño de 2007

O 21 de febreiro de 2008, Szczerbiak foi traspasado xunto a Delonte West ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos.Cavaliers adquieren a Ben Wallace y Szczerbiak

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers