Jordan Trennie Bell, nado o 7 de xaneiro de 1995 nos Ánxeles, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Guangzhou Loong Lions da Chinese Basketball Association (CBA).
Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Bell foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Chicago Bulls, e foi traspasado ós Golden State Warriors a cambio de 3.5 millóns de dólares. Nas súas dúas tempadas nos Warriors, chegou a dúas Finais da NBA, conseguindo o anel na primeira delas, na tempad 2017-18.
O 28 de xuño de 2019, os Warriors fixeron axente libre restrinxido a Bell. O 11 de xullo de 2019, asinou cos Minnesota Timberwolves.
O 5 de febreiro de 2020, Bell e Robert Covington foron traspasados ós Houston Rockets nun traspaso entre catro equipos. O día seguinte, Bell foi traspasado de novo, desta vez ós Memphis Grizzlies a cambio de Bruno Caboclo e un intercambio de eleccións da segunda rolda do Draft de 2023. O 2 de marzo de 2020, foi cortado polos Grizzlies.
O 29 de xuño de 2020, Bell asinou cos Cleveland Cavaliers un contrato por dous anos.Cleveland Cavaliers to sign free agent Jordan Bell, convert two-way contract of Dean Wade to multi-year deal, sources say O 22 de novembro 2020, Bell foi traspasado xunto a Alfonzo McKinnie ós Los Angeles Lakers a cambio de JaVale McGee, pero foi cortado o día seguinte.
Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2017–18 Golden State 57 14.2 .627 .000 .682 3.6 1.8 0.6 1.0 4.6 2018–19 Golden State 68 11.6 .516 .000 .610 2.7 1.1 0.3 0.8 3.3 2019–20 Minnesota 27 8.7 .533 .222 .568 2.9 0.5 0.1 0.4 3.1 2019–20 Memphis 2 10.5 .429 .667 1.000 1.5 1.0 0.5 0.0 5.0 Total 154 12.0 .565 .222 .638 3.1 1.3 0.4 0.8 3.8
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls