miniatura|Mordillo asinando un exemplar dun dos seus libros na Feira do Libro de Frankfurt de 2012 Guillermo Mordillo, nado en Buenos Aires o 4 de agosto de 1932 e finado en Calvià o 29 de xuño de 2019, foi un debuxante arxentino, recoñecido polas súas ilustracións a toda cor, cómicas e mudas en especial sobre o amor e o mundo do deporte recompiladas en diversos libros traducidos a varias linguas. Asinaba simplemente como Mordillo.
Traxectoria Fillo de pais españois, criouse no barrio de Villa Pueyrredón. En 1948 logrou o certificado de ilustrador na Escola Superior de Xornalismo. Entre 1950 e 1952 traballou no estudio de animación de José Burone Buché ao tempo que adaptaba contos infantís clásicos en libros ilustrados de pequeno formato para a editorial Codex"Guillermo Mordillo". Lambiek Comiclopedia. En 1952 fundou o seu propio estudio de animación coñecido como Estudios Galas mentres seguía a publicar tiras cómicas en revistas, salientando a súa colaboración coa revista Peter Pan de Codex para a que ilustrou tapas e realizou as series "Hociquito Peter" e "El Conejo Fosforito""Mordillo". Tebeosfera. Entre 1955 e 1960 viviu en Lima como traballador independente para a compañía de publicidade McCann Erickson, e alí tamén converteu fábulas en libros ilustrados como é o caso das Fábulas de Esopo da Editorial Iberia en 1958. A partir de 1959 traballou como ilustrador de tarxetas de felicitación para Hallmark Cards, debuxando personaxes redondos e asexuados "Mordillo, humor universal, origen en Sama".La Nueva España, 20 de setembro de 2009. En 1960 marchou a vivir a Nova York como empregado dos estudios de Paramount Cartoons colaborando na animación da serie Popeye the Sailor e en dúas curtas de Little Lulu, tamén creou dúas personaxes para a curta Trick or Tree (1961) de Seymour Kneitel. En 1963 deixou os Estados Unidos por Europa para se establecer en París, onde colaborou con revistas francesas como Paris Match, Marie Claire ou Lui ou mesmo a alemá Stern. Entre 1972 e 1980 colaborou Richard Medioni (2012) Mon camarade, Vaillant, Pif Gadget : l'histoire complète, 1901-1994 . Éditions Vaillant, p. 487 coa revista de banda deseñada xuvenil Pif Gadget. En 1980 foi vivir a Mallorca, foi presidente da Association internationale des auteurs de comics et de cartoons con sede en Xenebra e dende 1997 moraba en Mónaco "An interview sith Guillermo Mordillo". Irancartoon, xuño de 2019.
Estilo Mordillo debuxa de xeito recorrente un personaxe universal mudo, illado en grandes espazos urbanos ou naturais moi minuciososLe Figaro, 1 de xullo de 2019. O seu debuxo é moi redondo e á vez poético e absurdo. O seu universo desenvólvese en grandes contornas, illas desertas, terreos de xogo, montañas en forma de campá ou frondosas forestas. A súa orixinalidade consiste na redondez do trazo mais tamén no feito de manter en branco a pel dos seus personaxes, que son así recoñecibles de inmediato, sobre todo se o conxunto está cheo de cores.
Libros Le Galion, 1970, Harlin Quist, París The Collected Cartoons of Mordillo, 1971, Crown Publishers, Nova York. Crazy Cowboy, 1972, Harlin Quist Inc., Nova York-París Das Giraffenbuch, 1973, Insel Verlag, Frankfurt Das Giraffenbuch II, 1974, Insel Verlag, Frankfurt Crazy Crazy Das Dschungelbuch, 1974, Insel Verlag, Frankfurt Grosse Pläne kleine Steine, 1975, Friedrich W.Heye Verlag, Múnic Mordillo's Träumereien - und andere wunderliche Geschichten, 1975, Insel Verlag, Frankfurt Der kleine Mordillo, 1976, Verlag Gerhard Stalling AG, Oldenburg Opus I, 1976, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic carton No 5 (Mordillo) - Les Cahiers du Dessin D'Humour, 1976, Edition Glenat Mordillo: Cartoons zum Verlieben, 1977, Deutscher Taschenbuch Verlag GmbH & Co. KG, Múnic Opus II, 1978. Friedrich W.Heye Verlag, Múnic Opus III, 1978, Friedrich W.Heye Verlag, Múnic Opus IV, 1978, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburg - Wie eine Jungfrau entsteht, 1978, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic La Coppia, 1979, Arnoldo Mondadori Editore, Milán Mordillo Giraffenparade, 1980, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Múnic Variationen über das menschliche Wesen Cartoons, 1980, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburgo Mordillo Football, 1981. Wilhelm Heye Verlag, Múnic Neue Variationen über das menschliche Wesen Cartoons, 1981, Friedrich W.Heye Verlag, Hamburgo Mordillo: Giraffenparade Cartoons, 1982, Deutscher Taschenbuch Verlag GmbH & Co. KG, Múnic Opus V, 1983, Friedrich W.Heye Verlag GmbH, Hamburgo Eckbälle und Zwischenfälle, 1985, Eulenspiegel Verlag, Berlín. Mordillo Lovestory, 1985. Editions Glénat, Grenoble Mordillo Blick zurück nach vorn, 1985, Wilhelm Heye Verlag, Múnic Mordillo Golf,1987. Wilhelm Heyne Verlag, Múnic Mordillo Safari, 1990, Wilhelm Heyne Verlag, Múnic Mordillo Deine Sterne Das grosse Geburtstagsbuch, 1992, Wilhelm Heye Verlag, Múnic Mordillo Cartoons, 1992. Wilhelm Heye Verlag, Múnic Mordillo Amore Amore, 1994. Arnoldo Mondadori Editore, Milán Mordillo für Sportler, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für Verliebte, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo zur Hochzeit, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für den tollen Mann, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für die tolle Frau, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für Urlauber, 1995, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg. Mordillo Für Fussballfans!, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Für Das Leben Zu Zweit! 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Für Erfolgreiche!, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg. Mordillo für Hundefreunde, 1997, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Zusammen!, 2003, Lappan Verlag GmbH, Múnic Mordillo Eine Liebesgeschichte, 2005, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Starke Frauen, 2006, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Tolle Männer, 2006, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Alles Gute!, 2007, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für Golfer, 2007, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo zur Hochzeit, 2008, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo für Fussballer, 2010, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Auf die Liebe!, 2012, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg Mordillo Inselcartoons, 2012, Lappan Verlag GmbH, Oldenburg
Notas
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 2019 Categoría:Debuxantes Categoría:Personalidades da banda deseñada da Arxentina