miniatura|dereita|Biblioteca Nacional de Colombia. A Biblioteca Nacional de Colombia, BNC, foi a primeira biblioteca pública fundada en América. O edificio actual foi deseñado polo arquitecto Alberto Wills Ferro en 1933 e foi declarado Monumento Nacional de Colombia mediante o decreto 287 do 24 de febreiro de 1975. Atópase no barrio Las Nieves da localidade de Santa Fe na cidade de Bogotá.

Fundación e historia A Biblioteca Nacional de Colombia, é considerada unha das bibliotecas máis antigas de América. Foi fundada como Real Biblioteca polo vicerrei Manuel Guirior en 1776, aínda que foi ó vicerrei Manuel Antonio Flórez Maldonado a quen lle correspondeu abrir ó público a biblioteca, o 9 de xaneiro de 1777.

A colección bibliográfica inicial da institución foron os 4.182 volumes, segundo inventario ordenado polo vicerrei Pedro Mesía de la Cerda, expropiados á comunidade xesuíta, expulsada en 1767 de tódolos dominios do Imperio Español como resultado da orde dada polo rei Carlos III.

A Real Biblioteca comezou a funcionar na casa do Seminario, hoxe Palacio de San Carlos, actual sede da chancelería, inmoble que fora alleado ós xesuítas en 1767. En 1789, trece anos despois da súa fundación, foi organizada dunha maneira práctica, ó estilo das bibliotecas europeas por Manuel del Socorro Rodríguez quen foi nomeado bibliotecario polo vicerrei José de Ezpeleta e permaneceu no cargo até a súa morte en 1819.Cuéllar Marcela, Hugo Delgadillo y Alberto Escovar. Gastón Lelarge. Itinerario de su obra en Colombia. Corporación La Candelaria, 2006. páx. 90.

En 1825 e grazas á xestión de Francisco de Paula Santander a biblioteca estabeleceuse nas aulas do Colexio de San Bartolomé, recibiu a biblioteca de Mutis e cambiou o seu nome a Biblioteca Nacional de Colombia.

O 25 de marzo de 1834 decrétase a primeira lei de Depósito Legal. Esta impuxo como obriga remitir á biblioteca toda publicación impresa producida no país. Isto determinou o obxectivo da biblioteca a cal a partir deste momento converteuse na entidade encargada de custodiar o patrimonio bibliográfico da Nación.

O 20 de xullo de 1938, a biblioteca trasládase á súa sede actual deseñada polo arquitecto Alberto Wills Ferro.

No ano de 1954 nos sotos da biblioteca deuse inicio á televisión nacional. A televisora nacional, e posteriormente Inravisión, funcionaron alí até 1993.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Bibliotecas de Colombia Categoría:Bibliotecas nacionais