Davi Kopenawa Yanomami, tamén coñecido como Davi Kobenawä Yanomamö, nado en Toototobi en 1956, é un xamán ianomami e representante dos indíxenas do seu pobo no Brasil. Acadou recoñecemento pola súa defensa do seu pobo e da conservación da selva amazónica cando a organización polos dereitos tribais the tribal rights organization Survival International o convidou a aceptar o Premio Right Livelihood en 1989. Yanomami falou perante os parlamentos británico e sueco sobre o catastrófico impacto nos ianomami por mor da invasión ilegal das súas terras por 40 000 ‘garimpeiros’ ou buscadores de ouro. O príncipe Carlos de Inglaterra considerou publicamente a situación como un ‘xenocidio’. Nun período de sete anos entre 1987 e 1993 un quinto da poboación ianomami morreu por mor da malaria e outras doenzas transmitidas polos mineiros.

En 2010, o antropólogo francés Bruce Albert publicou xunto a Davi a obra La chute du ciel, un extenso volume publicado en castelán pola editorial Capitán Swing.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

A Última Floresta

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Pobo ianomami Categoría:Brasileiros de ascendencia indíxena Categoría:Indixenistas de América