Ueno Chizuko (上野 千鶴子), nada en Kanazawa (Ishikawa) o 12 de xullo de 1948, é unha socióloga, profesora e feminista xaponesa.

Traxectoria Ueno foi criada nun ambiente cristián, algo infrecuente no Xapón, xa que só o 1% da poboación xaponesa é cristiá. O seu pai, "un completo sexista" segundo declarou nunha entrevista con The Japan Times, tiña expectativas baixas para Ueno, e grazas a iso deulle "permiso" para "facer o que quixese". Ela decidiu estudar socioloxía na Universidade de Kyoto, onde participou nas protestas estudantís de 1960 da Federación Xaponesa de Asociacións Estudantís (Zengakuren).

De 1979 a 1989 foi profesora asociada na Universidade Heian Jogakuin, de 1989 a 1994, profesora no Departamento de Humanidades na Universidade de Kyoto Seika, de 1982 a 1984 foi bolseira nos Estados Unidos, e de 1996 a 1997 invitada no Barnard College da Universidade de Columbia En 1993 recibiu unha invitación da Universidade de Tokyo.

Foi profesora invitada na Universidade de Ritsumeikan e profesora emérita na Universidade de Tokyo.

É directora da Rede de Acción das Mulleres (WAN) no Xapón.

A súa liña de investigación inclúe a teoría feminista, a socioloxía familiar e a historia das mulleres. Contribuíu en gran medida aos estudos de xénero no Xapón, xa que tivo unha función central na creación do campo de estudos de xénero na academia xaponesa.

Ueno é unha crítica incisiva do revisionismo da posguerra e critica o branqueamento da historia xaponesa, os intentos de xustificación do seu colonialismo, das atrocidades en tempos de guerra e do racismo antes e despois da segunda guerra mundial. En particular, loitou pola compensación das mulleres coreanas que foron forzadas a prostituírse polo Imperio Xaponés.

Influíu en posmodernistas como Karatani Kojin, Akira Asada e Noriko Mizutani.

Ueno Chizuko visitou tamén El Colegio de México en 1993, e o resultado da visita foi a súa participación con profesoras do Centro de Estudos de Asia e África, como Michiko Tanaka e Yoshie Awaihara, entre outras académicas, e a publicación dun libro titulado Voces de las mujeres japonesas. A importancia desta compilación, deuse a propósito de que se tratou o tema do feminismo no Xapón en lingua castelá. Cristina Palomar, que comentou o seminario que se abriu nese ano, di de Ueno:

Pertence ao consello editorial de Journal of Women, Politics & Policy.

Publicacións The Modern Family in Japan: Its Rise and Fall. Victoria, Australia: Trans Pacific Press. 2009. ISBN 978-1876843625. Publicado en xaponés en 1994. The Politics of Memory: Nation, Individual and Self. History & Memory. Traducido do xaponés por Jordan Sand. Nationalism and Gender. Victoria, Australia: Trans Pacific Press. 2004. ISBN 978-1876843595.

Notas

Categoría:Sociólogos do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Ishikawa Categoría:Nados en 1948 Categoría:Profesores Categoría:Feministas do Xapón