Fatouma Agnès Diaroumèye, nada en Bamaco en 1938, é unha socióloga e escitora de nixerina, coñecida co pseudónimo literario de Shaïda Zarumey. Foi unha das primeiras mulleres do seu país en escribir en lingua francesa.

Traxectoria Comezou os estudos primarios no seu país natal, de onde era o seu pai, e aos dez anos mudouse a Malí, de onde era a súa nai. En 1970 douturouse en París en 1970. Entre 1970 e 1975 traballou en Dakar como socioeconomista no Institut Africain de Développement Économique et de Planification das Nacións Unidas. Despois traballou como funcionaria no campo dos dereitos da muller. Debido ao seu traballo viaxou por todo o mundo, especialmente por África, mais tamén por Europa, América, Asia e Oriente. Foi secretaria xeral da ONG Maillon africain pour la paix et le développement (MAPADEV), e coordinadora da Réseau des femmes pour la paix (RE‐FEPA) .

Como poeta, publicou en 1981 o libro Alternances pour le sultan co pseudónimo de Shaïda Zarumey. Nos seus poemas evoca a intimidade, o erotismo e os rituais de sedución feminina, comparando os cintos de perlas das mulleres cun rosario musulmán para o amante que distorsiona as «suras do amor»,, transgredindo así unha certa reserva a favor das mulleres nixerinas, a diferenza dos países da tradición mandé onde as mulleres griotes teñen máis liberdade de expresión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas .

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Bamaco Categoría:Escritores de Níxer Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Personalidades sen imaxes