Clémentine Faik Nzuji, tamén chamada Clémentine Faïk-Nzuji Madiya, nada en Tshofa (provincia de Lomami) o 21 de xaneiro de 1944, é unha escritora en lingua francesa da República Democrática do Congo. Foi a primeira escritora do seu país. Albert S. Gérard refírese a ela como "a primeira poeta de significado real" entre un grupo de escritores africanos que se deron a coñecer a finais da década de 1960..
Traxectoria Naceu cando o seu país era o Congo Belga. Graduouse na Universidade Lovanium. Doutorouse en Estudos Africanos pola Universidade de París.
É membro fundador de Pléiade du Congo, un grupo literario de Kinshasa,. e liderou o nacemento do International Centre for African Languages, Literatures and Traditions in favour of Development (CILTADE) da Universidade Católica de Lovaina. Estudou a lingüística e a literatura oral das linguas bantús..
Está casada e tivo cinco fillos e fillas. Boa parte dos seus poemas falan da súa familia. Obra
Murmures (poesía; 1968) Kasalà (poesía; 1969) Le temps des amants (poesía; 1969) Énigmes lubas = Nshinga: étude structurale (ensaio; 1970) Lianes (poesía; 1971) Lenga et autres contes d'inspiration traditionnelle (relatos; 1976) Gestes interrompus (poesía) Cité de l'abondance (relatos; inédito ) Frisson de la mémoire (relatos; 1993)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
http://www.faik-nzuji.com/ Clémentine Nzuji, en Congo on Line. Clémentine Nzuji, en Bibliomonde
Categoría:Escritores da República Democrática do Congo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados na República Democrática do Congo Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Personalidades sen imaxes