«Ciao amore, ciao» ([]; en galego: «Adeus amor, adeus») é unha canción composta polo cantautor italiano Luigi Tenco e interpretada, en versiones distintas, por Tenco e Dalida. Foi interpretada por ambos durante a fase preliminar do Festival da Canción de Sanremo de 1967.
Contexto Gravación A idea de gravar a canción xunto a Dalida xurdiu en París tras o verán de 1966, pouco despois de que ambos se coñecesen. Orixinalmente, o título da canción era «Ciao amore», pero cambiou unhas semanas antes do Festival da Canción de Sanremo por razóns legais.
Festival da Canción de Sanremo 1967 esquerda|miniatura|Dalida e Luigi Tenco, intérpretes da canción, en xaneiro de 1967. Dalida e Luigi Tenco interpretaron a canción, un despois do outro, no Festival da Canción de Sanremo 1967. O sinxelo foi publicado pouco antes do certame, no principio do ano, en italiano por ámbolos cantantes, e en alemán e francés por Dalida (co letra de Ernst Bader e Pierre Delanoë, respectivamente).
O 27 de xaneiro de 1967, tras non ser seleccionada para a fase final do festival, Tenco foi atopado morto por Dalida na súa habitación de hotel xunto a unha nota na que, supostamente, explicaba as razóns do seu suicidio: «Fago isto [...] como acto de protesta contra un público que manda “Io, tu e le rose” á final e unha comisión que selecciona “La rivoluzione”».
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1967 Categoría:Sinxelos de 1967 Categoría:Música de Italia