Farsas para títeres é un libro de teatro de Eduardo Blanco Amor publicado en castelán e galego en 1973 por Ediciós do Castro. Foi reeditado en 1991 e 1993 (3ª ed. ISBN 9788474925586).
Contén seis pezas: Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de “Juan el Pantera”, Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano, A verdade vestida, Un refaixo pra Celestina e Anxélica no ombral do ceio. miniatura|300px|O autor en Ourense Características
A 1ª edición en castelán en Buenos Aires é de 1953 (Ed. López Negri) e inclúe Amor y crímenes de Juan el Pantera, Angélica en el humbral del cielo e La verdad vestida. A 2ª edición foi en México en 1962 (feita por Alejandro Finisterre) contén en castelán as seis pezas publicadas logo por Ediciós do Castro en versión bilingüe. En 1976 editáronse de novo en castelán por Cuadernos para el Diálogo, edición na que foi arricanda Proceso en Jacobusland por obriga da censura (nese mesmo ano a editorial incluiría a obra nunha segunda edición de Farsas y autos para títeres).
Segundo Xosé Ramón Pena: Para Dolores Vilavedra: Segundo Luís Pérez (Prólogo de Proceso en Jacobusland, p. 14): Son seis farsas que se apoian na fecunda tradición do teatro breve dos séculos XVI e XVII e tamén na influencia das teorías vangardistas do teatro español e europeo, sobre todo de Valle-Inclán e Gordon Graig. Son seis deiliciosas pezas que procuran recuperar, fronte ao teatro neorromántico, a esencia do teatro como espectáculo e diversión. Estas farsas mostran un alto nivel de xogo e humor teatrais. O simbolismo de auto sacramental de A verdade vestida responde a uns pulos conceptuais de escaso valor escénico. Mais outras mostran unha burla populista, un desenfado, un trapisondismo antipsicolóxico e inmediato que as converte en gozosas expresión dun teatro de escasas pretensión mais de indubidable vitalidade escénica. Un xogo non desprovisto de significado.
Anxélica no ombral do ceio e A verdade vestida presentan unha riqueza conceptual, alegórica e filosófica que as aproxima do xénero do auto. Outras pezas están especificamente realizadas para bonecos: Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de Juan el Pantera e Certa morte e falsa morte de Estoraque o Indiano. Nelas os bonecos representan personaxes esquemáticos, case sempre deshumanizados, que serven ao autor para ofrecer, indirectamente, unha crítica social e dos vicios e pecados humanos, tratados con sentido do humor.
Contido
Ediciós do Castro publica ista edición bilingüe das “Farsas” de Eduardo Blanco-Amor coma homaxe os seus cincoenta anos de laboura nas letras galegas.
Xustificación
Romance de Micomicón e Adhelala (Farsa para títeres especiosos)
Raína Nai: 50 anos. Neurasténica. Vai fardada dun xeito ostentoso e fachoso. Adhelala: 16 anos. Princesa cativa. Viste ao xeito turqués, con pantalóns e bombacha. Micomicón: 17 anos. Príncipe herdeiro, disforme, tenro e enrabexado. Raíña do Afghanistán: 45 anos. Escintilante de alfaias. Chambelán do reino: vellouqueiro con voz de barítono. Lugar da acción: Pazo Real de Trapalandia, país entre Oriente e Occidente. Época: tradicional
As escenas pasan na sala grande de recibimento da Raíña Nai. Moitísimos espellos.
A Raíña Nai discute con Adhelala, rebaixa a súa nobreza e todo son eloxios para o seu príncipe xigantesco que devora ducias de animais e sempre está enfadado. Chega a Raíña do Afganistán de visita e as dúas raíñas se desprezan, ela vén pedir a man do príncipe para a súa filla. Micomicón non quere oír falar diso porque está namorado de Adhelala aínda que ela o rexeita. Mais Adhelala cóntalle como curar, como volver a unha estatura normal e ao bo humor. A curación está na tenrura, no emocionarse, no chorar. E Micomicón chora e baixa de estatura. Adhelala cóntalle á Raíña Nai que o xigantismo do príncipe é un maleficio dos sabios do seu país porque o Rei matou uns presos que debía respectar. A Raíña nai dá o seu brazo a torcer ante a posibilidade de ser avoa. E anúncianse as vodas da princesa real Adhelala e o príncipe Micomicón, agora con estatura normal.Rematada en Montevideo en 1939.
Galaxia fixo unha reedición desta farsa no ano 2000 en galego. Foi editada en 2002 como Romance de Micomicón y Adhelala pola Asociación Española de Teatro para la Infancia y la Juventud ASSITEJ.
Amor e crimes de “Juan el Pantera” Farsa pra títeres de cachiporra
Juan el Pantera: 28 anos. Feroz. Contemplación Jiménez: 30 anos, de moi bo ver, moi pagada de si mesma. Sancristán: 25 anos, falso. Estoraque o Indiano: uns 50, mais estragadísimos. Pastorino: 16 cumpridos de corpo e tenros de alma. Praza dun pobo castelán da raia galego-leonesa
Está no balcón Contemplación con roupa provocativa cando chega Juan, insúltaa e logo pídelle que baixe para estar con el. Ela dille que non porque logo sempre anda con celos. Mais baixa e como ela se nega el ponse violento, entón aparece o sancristán que a rescata e logo tamén el tenta aproveitarse da moza e ela tamén o rexeita. Entra en escena o Estoraque cargado de ouro e tamén é rexeitado pola moza. Chega cantando o Pastorino, Contemplación achégase a el e decláralle os seus amores pedíndolle que suba con ela. O rapaz rexéitaa mais ao final acaba cedendo, cando vai subir entra o sancristán e a moza di que Pastorino se sentiu mal e vai axudalo. O sancristán sobe polo muro para exercer de mirón. Volve o Estoraque con guitarra e cancións de namorado. Ao final tamén o manda entrar. Volve Juan el Pantera cos seus insultos, entra e mata o mozo, o sancristán e o Indiano tirando os cadáveres pola ventá. Logo ataca entre insultos a Contemplación. Finalmente fai o pranto pola moza e suicídase.Rematado en Buenos Aires, 1940.
Títeres Alakran representou esta farsa dirixidos por Lázaro Yuyo.
Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano Farsas pra títeres simuladores, con remate de negra
Adulia: 20 anos, chorona. Manto novo e floreado. Pepa: 40 anos, chorona. Manto negro. Contemplación Jiménez: un ano despois da acción anterior pero non se lle nota. Estoraque o Indiano: a idade de todos os mortos da súa idade. Hábito de frade minor. A negra Pancha de Guanabacoa: 50 anos, grosa, boa muller. Roupa branca. Escribán: idade curial, barba e levita. Aguacil: sabichudo, bigote renegrido.
Interior de casa acomodada. O señor Estoraque está de corpo presente no cadaleito de xeito que o vexa o público.
A acción é posterior á farsa anterior.
Pepa e Obdulia fan un longo pranto polo Estoraque, ás veces chocalleiro e interrompidos polas reflexións de quen lles pagará ou herdará todo. Entra Contemplación que se dá de herdeira porque o indiano a forzou antes de ser atacados polo Juan. Esperta o Estoraque e dialoga coa Contemplación, el quere que ela se lle entregue en proba de amor pero ela non cede se antes non lle pasa os bens. El di que fixo o morto para ver a súa reacción. Na discusión morre de verdade o Estoraque, ela volve co de ser herdeira e mesmo lle paga ás do pranto para que testifiquen de que o vello lle acababa dar palabra de casamento. Mais chega a negra Pancha toda dolorosa polo pasamento do seu amo. Di que é a súa esposa e que tiveron once mulatos. Mostra o papel do casamento que resulta ser o testamento do indiano no que lle deixa todo á Pancha, que acaba botándoos a todos de alí a golpes.
A obra foi representada polo Grupo de Teatro de Moaña dirixido por Celso Parada.
A verdade vestida Farsa violenta
A Verdade: muller forte e lanzal. Leva unha coroa de espiñas, aspecto real e fantasmal. O Disimulo: vello esguío e amarelo, guedellas longas, boca sumida e sen dentes. A Virtude: xamona fachosa, semellando virxe, remirada. Cara moi empoeirada, sen pintar. O Vicio: entre os 25 e os 30 anos. Lindo, loiro, capa de don Juan Tenorio. A Lei: xendarme encarraxado, cara ben mantida. Leva látego de domador de circo. O Capital: groso, vestido de rei de ouros. O Traballo: obreiro mozo, forte, san. O Estado: uns 60 anos, mandón e violento ou submiso e lambecús, segundo lle conveña. Cuberto de faixas, bandas, decoracións O Amor: meniño duns cinco ou seis anos. Eros de tarxeta postal. Espido de todo. Tempo da acción: era anacrónica. Lugar da acción: unha praza. Cor da acción: vermello viñoso.
Todos os personaxes, menos a Verdade e o Disimulo, levan un letreiro co seu nome. Están diante dos seus tenderetes, coma nun mercado.
A Verdade: consultas, prezos, gratis e moi agradecida O Disimulo: consultas, prezos... asegún...
Dialogan a Verdade e o Disimulo, que dependen un do outro. Entran a Virtude e mais o Vicio collidos amorosamente. O Capital trae collido o Traballo. Todos eles dialogan longamente.
Rematado en Buenos Aires en 1942.
O grupo de teatro IAD-12 da Universidade Laboral de Ourense representou a farsa en 2014.
Un refaixo pra Celestina Farsa de tema terxiversado
Melibea: 24 anos, da alta fidalguía vida a menos. Celestina: 70 anos, meiga, alcaiota e aínda máis. A Súa Reverencia: o prior dos anabaptistas, 40 anos, luxurioso. Calisto: mozo fidalgo, vividor e xogantín. Elvira: a honrada veciña, 30 anos, co home na guerra. Feirante 1º: moi besta. Feirante 2º: moi besta. Xudeu: non se ve porque é noite pecha.
Xornada primeira Lugar: unha praza de Toledo no fin do século XV.
Falan Melibea e Celestina sobre o agasallo que recibiu a moza. Pasa o prior. Melibea dille que lle busque outro. Celestina ofrécelle ao prior os favores dunha casada que ten o home fóra mentres Melibea escoita e Celestina agarda cobrar o favor. O prior non quere subir con Elvira e acaba levando por enriba os restos dun ouriñal. Calisto e Melibea dialogan e el quéixase de que perdeu cartos, se ela llos dese... el non quere subir. Melibea trata co prior do asunto que lle dixo a Celestina. A vella teme que se perda o seu refaixo e o Calisto o seu negocio. Soben Melibea e o prior a tratar do asuntiño.
Xornada segunda Melibea despide o prior despois da faena. Celestina pensa na súa parte. Calisto segue pedindo os cartos para a débeda e non quere deixarse convencer de subir. Ela cede e dálle os cartos do prior. Celestina protesta e promete traer aínda mellor cliente se mantén afastado a Calisto. Elvira e Melibea falan de que a noite pasada houbo movemento e as dúas reafirman a súa honradez.
Xornada terceira Celestina informa a Melibea de que ten dous novos clientes, dous feirantes que xa a viron. Calisto insiste, ela fálalle de máis tarde, que se a regra, que se... El marcha xogar de novo no pazo. Chegan os feirantes. Celestina xa vai cobrando por adiantado o traballo de Melibea. Chega o prior que tamén quere volver con Melibea e adiántalle cartos á Celestina. Calisto esíxelle a Celestina os cartos recadados. Melibea pide os cartos aos feirantes, eles protestan que xa llos deron a Celestina. E móntase unha pelexa, todos polos cartos, Calisto, o prior, os feirantes. Na pelexa morre o prior e os feitantes reparten os cartos. Canta unha pantasma que asusta os feirantes que foxen deixando os cartos tirados. Era a mesma Celestina.Remata cantando a Celestina.
Rematado en Viña del Mar (Chile), 1948.
O Centro Dramático Galego representou a obra en 1993 baixo a dirección de Antonio Francisco Simón e tamén reeditou a obra en galego.
Anxélica no ombral do ceio Farsa realista
Anxélica: doncela absoluta de corpo e espírito. Loira de cara. Profesión: benaventurada. Gabriel: albino de ollos negros. Ás brancas. Profesión: arcanxo. Miguel: moreno, ollos azuis de auga. Ás vermellas. Profesión: arcanxo. Odeus: é unha careta o triplo dunha cara normal: rostro impoñente, entre Zeus arcaico e Moisés renacentista. Ha de aparentar uns 70 anos. Profesión: Supremo Facedor e Desfacedor, suponse. Muller: moi macia e delgada, voz de mezzo soprano. Profesión actual, a mesma: namorada. Demo: caralavada, presumido, resentido. Profesión: pobre diaño. Xove: aire aloleado, doce e temesiño. Uns 25 anos. Profesión: sen profesión.
Escenario: sen termos de referencia, ateigado de luces de orixe descoñecida.