O Faro de Lobito é un faro angolano situado na parte superior dos acantilados do lado leste da entrada do porto e baía de Lobito, fronte á punta da restinga, ao norte da cidade de mesmo nome, na provincia de Benguela.

Trátase dunha torre de cachotería cilíndrica con galería e lanterna ao lado dunha pequena casa de faroleiros. O faro está pintado de branco cunha ampla barra vermella.

A lanterna semella estar, polo menos desde 1999, encaixada nun poste branco con franxas vermellas estreitas a pouca distancia do faro primitivo que funciona con enerxía solar.

O porto de Lobito é o terminal do famoso ferrocarril de Benguela, que serve ás minas de Zambia e ao suroeste da República Democrática do Congo.

Cronoloxía esquerda|miniatura|180x180px| En 1995 durante a guerra civil, coas imaxes de Fidel Castro, Agostinho Neto e Camilo Cienfuegos.

1915: Construción. 1995: O faro resultou moi danado debido ao período de guerra civil. 1999: O faro xa non ten lanterna, estando a luz nun poste a pouca distancia do faro primitivo. 2004 / 2007: O faro foi restaurado. 2007: O faro é xestionado a través dunha concesión que garante a súa conservación, sendo empregado como casa de fin de semana.

Información

Operacional: Axuda de navegación activa Acceso: en 4x4 a uns 14 Km do centro de Lobito Aberto ao público: Local aberto, torre pechada Nº internacional D-5280; Nº NGA: 25640 Nº ARLHS: ANO-008

Véxase tamén

Lobito Benguela

Notas

Ligazóns externas

Foto antiga Foto antiga Foto de 1999 Foto de 2007

Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Lobito Categoría:Angola