Eduardo García-Rodeja Fernández, nado o 11 de febreiro de 1922 en OviedoVillanueva (2008), p. 1 e finado o 13 de setembro de 2005 en Santiago de Compostela, foi un matemático español. É considerado un dos principais impulsores do desenvolvemento da Matemática en Galicia no século XX.Villanueva (2008), p. 4

Traxectoria

Carreira profesional Fixo o seu bacharelato en Santiago onde tamén comezou os estudos da Licenciatura en Ciencias Exactas,Marco & Porto (2000), p. 241 que foron finalizados en Madrid en 1942. Aos 21 anos obtén a cátedra de Matemáticas do Instituto Feminino de Lugo (1943) e no ano seguinte trasládase ao Instituto Rosalía Castro de Santiago, onde permanece até 1965, ao mesmo tempo que foi secretario e director da Escola de Maxisterio "López Ferreiro". Dende 1962, traballou na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, na sección de Matemáticas,Marco & Porto (2000), p. 242 onde conseguiu a adicación exclusiva na cátedra de Xeometría.

Iniciou a súa actividade investigadora coa tese doutoral, que, dirixida polo Prof. Ricardo San Juan, e titulada: “Investigacións sobre un grupo de métodos de resolución numérica de ecuacións algebraicas”, que defendeu na Universidade Complutense en Madrid en 1952.Villanueva (2008), p. 2

Pero a súa relación coa universidade comezara xa en 1944 como astrónomo adxunto adscrito ao Seminario Matemático en Santiago do CSIC no Observatorio Astronómico dirixido por D. Ramón María Aller. Do devandito Seminario foi director en 1979. Foi un decidido impulsor do Instituto de Matemáticas (IMAT) da Universidade de Santiago e, no momento actual, hai un Seminario que leva o seu nome.

Xubilouse o último día de setembro de 1987, pero continuou vinculado coa Universidade como Profesor emérito durante dez anos máis.

Relevancia O impacto que a súa figura científica tivo no panorama matemático español pódese apreciar no gran número de discípulos e de investigadores aos que dirixiu as teses doutorais e que poden ser considerados descendentes matemáticos seus entre os que se poden incluír 17 catedráticos de universidade.Villanueva (2008), p. 5

Foi autor de numerosas publicacións de carácter didáctico e libros de texto para o ensino secundario e formación profesional, en consonancia coa súa preocupación polos aspectos metodolóxicos do ensino da Matemática que foi unha constante en toda a súa vida profesional e tamén escribiu unha gran cantidade de artigos de investigación en prestixiosas revistas tanto españolas (Revista matemática hispanoamericana, e Gaceta Matemática) como estranxeiras: Commentarii Mathematici Helvetici (CMH) ou Proceedings of the American Mathematical Society (AMS).

O seu desexo de fomentar a vocación matemática entre os estudantes de secundaria levouno a impulsar e organizar a Olimpíada Matemática durante 35 anos (até 1999), como Vicepresidente honorario (en Santiago) da RSME.

Obra

(1973) Curso de matemáticas. Segundo curso de Maestría Industrial Formación Profesional Industrial. Barcelona: Vicens-Vives. ISBN 84-316-0663-0 (1973) Curso de matemáticas. Tercer curso de aprendizaje industrial. Barcelona: Vicens-Vives. ISBN 84-316-0646-0 (1980) Trabajos sobre triples. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-177-9 (1983) Matemática antigua y actual: discurso inaugural leído en la solemne apertura del curso académico 1983-84. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-310-0

Cargos académicos, premios e recoñecementos

Director (até a súa xubilación en 1987), do Departamento de Álxebra e Fundamentos (Universidade de Santiago de Compostela). Vicedecano da Facultade de Ciencias, Decano da Facultade de Matemáticas, e Director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da Real Academia Galega de Ciencias desde a súa fundación. Membro de diversas academias científicas: Mathematical Asociation of America, American Mathematical Society, Asociación Española para o Progreso das Ciencias. Membro honorario da Real Sociedad Matemática Española. En 1978 foille concedida a “Medalla da Orde Civil de Alfonso X o Sabio” na sección especial ao mérito docente. En 1995 a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao en recoñecemento ao mérito da súa traxectoria científica O 23 de febreiro de 2006, pouco despois do seu pasamento, celebrouse na Universidade de Santiago unha homenaxe "in memoriam" á que asistiron os tres reitores das universidades galegas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Obras de Eduardo García-Rodeja no Catálogo Colectivo das universidades catalás . Ficha en Documat (en castelán).

Categoría:Matemáticos de España Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medallas Castelao