«So laang we's du do bast» (en galego: «Mentres esteas aí») é unha canción composta por Henri Mootz, Jean Roderes e interpretada en luxemburgués por Camillo Felgen. Foi elixida para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión de 1960 tras ser seleccionada internamente pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.

Festival de Eurovisión 1960 Selección «So laang we's du do bast» foi seleccionada para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1960 pola emisora luxemburguesa Télé-Luxembourg.

No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante luxemburgués Camillo Felgen. A orquestra foi dirixida por Eric Robinson.

Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Suecia con Siw Malmkvist interpretando «Alla andra får varann» e precedendo a Dinamarca con Katy Bødtger interpretando «Det var en yndig tid». Ao final das votacións, a canción recibiu 1 punto, obtendo o 13.º posto (último) de 13.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luxemburgo no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua luxemburguesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Luxemburgo en Eurovisión