O Carballido é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe dúas fragas separadas nas cuncas altas do río Eo e que son fragas antigas e de barranco. Esta área de conservación ocupa 4.828 ha. dos concellos da Pontenova, A Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. A área ao norte compóñena as fragas das Reigadas e do Sanxés. A área do sur está no río Rodil, un afluente importante do río Eo, e rodea ao ZEC río Eo.

Fauna e flora Flora Nos barrancos dos ríos Rodil e os regatos que chegan a este abundan as carballeiras de Quercus robur, con algunhas pezas do carballo Quercus pyrenaica e de castiñeiros (Castanea sativa). Nos terreos altos dominan os prados e pastos e os bidueiros de Betula celtiberica. Entre a demais flora destaca a presenza de Narcissus asturiensis e Vandenboschia speciosa.

Fauna O lobo, Canis lupus, ten unha presenza relevante.

En canto aos endemismos, alí habitan varios quirópteros, a Chioglossa lusitanica, as lagartass Lacerta schreiberii e Iberolacerta monticola e os mamíferos acuáticos das londras (Lutra lutra)) e as toupas de río (Galemys pyrenaicus).

As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Gomphus graslinii Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Macromia splendens Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Rutilus arcasii Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Barbastella barbastellus Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis emarginatus Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O Carballido foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Galería de imaxes

Notas

Carballido