Poema en catro tempos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) en 1931. Foi reeditada por Galaxia en 1980 en Poemas galegos.

En 2000 presentouse en Ourense unha edición de luxo con gravados de Correa Corredoira (175 exemplares numerados)

Características O autor explicoulle a Carlos Casares como xurdiu a obra:

Esa "experiencia do mar" lembra De catro a catro de Manuel Antonio, polas afinidades no tema e no título."Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.

Está escrito en forma de sinfonía, ten elementos vangardistas, unha tradición romántico-simbolista que considera a música como a arte por excelencia.

1º movemento: Adagio sostenuto O adagio é un ritmo musical lento e o sostenuto indica que se empregan notas cun semitón máis alto que as que corresponden ao adagio.

Comunión: imaxes musicais e pictóricas nas que a natureza está humanizada coma no hilozoísmo. Sino: predominan os hendecasílabos, ritmo lento, de adagio. Imaxes hilozoístas.

2º movemento: Scherzo adagio O scherzo corresponde a un movemento vivo e gracioso.

Mascato: ritmo curto e vivo, exclamacións. Elementos vangardistas. Ardora: noite, faenas do mar, ritmo lento, imaxes hilozoístas.

3ª movemento: Presto O presto ten un só poema:

Temporal: ritmo rápido, a treboada vaise achegando, a traxedia consúmase.

4º movemento: Andante maestoso O andante maestoso ten un ritmo lento, nobre e maxestoso, é unha marcha fúnebre solemne.

Marcha fúnebre: Blanco Amor comentoulle a Carlos Casares: Segundo Carlos L. Bernárdez: Poema en catro tempos conxuga a autenticidade da expresión vivida co tema poético a través dunha base musical que axusta ritmo e estrofas aos tempos, nunha estreita relación de contido, métrica e ritmo.

Para o Diccionario da literatura galega:

Notas

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1931 Categoría:Eduardo Blanco Amor