Tena é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Tequendama, a 66 km de Bogotá.
Posúe unha das máis grandes reservas hídricas da Provincia do Tequendama e de Cundinamarca, ademais dunha vexetación virxe e bosques espesos de néboa e unha enorme riqueza de fauna e flora; ademais, foi unha das rexións onde José Celestino Mutis empezou a Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada. As principais fontes económicas do concello son a agricultura, a gandeira, a industria avícola e a piscícola.
Historia Antes da conquista dos españois, Tenasuca estaba situada nos dominios dos indíxenas muiscas, quen a denominaban Zuca. Foi Gonzalo Jiménez de Quesada quen ó contemplar a similitude do lugar co val de Tena na súa afastada patria decidiu asignarlle este nome. O actual territorio non é o mesmo onde se fundou a vila de indios en 1548. O asentamento no que foi construído o concello durante o século XX empezouse a conformar en parroquia en 1818, como congregación de brancos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca