Astérix e os pictos (en ) é o trixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o primeiro libro da serie que non foi creado nin por René Goscinny nin por Albert Uderzo. Foi escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. A historia leva a Astérix e a Obélix alén do Canal da Mancha até Escocia, onde coñecen os pictos. Esta é a segunda viaxe do dúo ás illas Británicas, despois de visitar os britanos en Astérix en Britania (1965).

Foi publicado simultaneamente en todo o mundo en vinte e tres linguas o 24 de outubro de 2013, entre elas o escocés e, por primeira vez, o scots.Digital Spy 'Asterix and the Picts' released, takes place in Scotland Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en 2013.

Sinopse A historia ten lugar no mes de febreiro, coa aldea gala nevada: Astérix e Obélix atopan un iceberg cun home encadeado dentro do xeo (en homenaxe ó filme Hibernatus, con Louis de Funès). Despois de desconxelalo, o forasteiro —de nome Mac Oloch e semellante a outro personaxe de Uderzo e Goscinny, Oumpah-Pah–Le Monde Astérix : du Oumpah-Pah dans l'air... cóntalles ós galos do seu clan Loch and Loll e de como o ruín Mac Abeh secuestrou a súa muller, Camomilla.Le Figaro Astérix chez les Pictes : la potion écossaise Por mor diso, os galos acompáñano a Caledonia para axudar ós clans pictos contra o exército romano de Xulio César.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en Edicións Xerais

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego