Deolinda do Carmo Salvado da Conceição, , foi unha xornalista e escritora portuguesa, que marcou o panorama cultural lusófono do seu país na década de 1950. Traxectoria De nacionalidade portuguesa, foi a cuarta filla de António Manuel Salvado, comerciante orixinario de Medelim (Castelo Branco) e radicado en Macau, e de Áurea Angelina da Cunha Salvado, natural de Macau. Estudou no Liceu de Macau.
O 1 de novembro de 1931 casou con Luís Gaspar Alves en Cantón. A parella foi vivir a Shanghai, por entón unha cidade dinámica e cosmopolita. Máis tarde divorciáronse. En 1937, xa en fase de separación co Luís Alves, foi cos seus fillos José Maria Salvado Alves e Rui Cândido Augusto Alves vivir a Hong Kong, se ben a cidade foi tamén ocupada en decembro de 1941. Nesa época dirixiu unha escola portuguesa na cidade e foi tradutora do inglés para o xornal A Voz de Macau. Coa fin da segunda guerra mundial regresou a Macau cos seus fillos. Comezou a traballar como secretaria de dirección e xornalista no diario Notícias de Macau, fundado en agosto de 1947, e como profesora de inglés e estenografía na Escola Comercial Pedro Nolasco.
O 29 de maio de 1948 casou con António Maria da Conceição, compañeiro de traballo e posteriormente director do Notícias de Macau. Ela escribía no xornal crónicas, artigos de crítica literaria e artística, ensaios, contos e unha "páxina feminina" que foi moi apreciada. En 1956 visitou Portugal por vez primeira xunto co seu marido e o seu fillo António Maria da Conceição Júnior, que nacera en 1951. Permaneceu seis meses en Lisboa, onde conseguiu convencer a prestixiosa libraría Francisco Franco para publicar o seu único libro, Cheong Sam - a Cabaia. Mais por entón foi diagnosticada cunha doenza incurable. Logo de coñecer Portugal refresou a Hong Kong a comezos de 1957. Foi hospitalizada, e faleceu no mes de maio.
Obra Cheong-Sam - a Cabaia foi o único libro que publicou. Está composto por 27 contos, a maioría xa publicados anteriormente no Notícias de Macau. Todos eles falan principalmente da posición e condición da muller na China e en Macau.
Notas
Categoría:Nados en Macau Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Escritores de Macau Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Personalidades sen imaxes