Ana María Viñas Díaz, nada en 1966, é unha bióloga galega. Traxectoria Doutora en Bioloxía,Profesorado doutor con vinculación permanente USC. e profesora titular de Xenética da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O seu labor como investigadora céntrase na análise dos mecanismos de determinación e diferenciación sexual no rodaballo.Ana María Viñas Díaz en Acuigen.

Interésanlle tanto a caracterización dos xenes implicados nestes procesos como a análise da conservación das rexións xenómicas nas que estes xenes se localizan noutras especies de peixes. O estudo deste carácter produtivo tan relevante en peixes, abórdase globalmente integrando análises de mapeo xenético e físico, citoxenómica, análises de expresión xénica e de xenómica comparada.

A doutora Viñas foi unha das coordinadoras do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.

Notas

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes