O bus Dong Fang Hong 5 (abreviadamente DFH-5) é un tipo de bus para satélites fabricado en China.

Características O bus DFH-5 está pensado para grandes satélites de comunicacións de nova xeración na órbita xeoestacionaria e para satélites de observación terrestre estabilizados nos tres eixos. Entre as novas tecnoloxías que usa están a propulsión eléctrica, radiadores en rede e despregabres, un sistema de propulsión unificado, un controlador de enerxía de nova xeración e electrónica mellorada. O seu gran tamaño faino adecuado para ser lanzado mediante os foguetes CZ-5.

Especificacións técnicas Masa: 1800-2750 kg Carga útil: 1200.2200 kg Potencia eléctrica: 10.000-30.000 W Consumo máximo da carga útil: 4000-22.000 W Tempo de vida: 12-15 anos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dong Fang Hong 3 (bus) Dong Fang Hong 4 (bus)

Categoría:Satélites artificiais