dereita|miniatura|Placa en homenaxe aos catro falecidos en Chavaga no cemiterio de Monforte de Lemos. Julián Acebo Alverca, coñecido como Guardiña, nado en Parbayón (provincia de Santander) en 1921 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista. Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Exército Popular do Norte. Ao remate da guerra civil, foi detido e condenado a vinte anos de cadea. Saíu en liberdade condicional o 2 de marzo de 1944. Foi enviado a un Batallón de Traballos Forzados, traballando como mineiro no campo de traballo de Casaio, de onde escapou e ingresou na guerrilla.

En 1947 era membro da Segunda Agrupación Guerrilleira de León-Galicia formada en setembro na Pobra do Brollón que formaba parte do Exército Guerrilleiro de Galicia. Formou parte do grupo que ía ir ao Bierzo encabezado por Silverio Yebra Granja "Atravesao", que tiña como comisario político a Francisco Martínez López "Quico", e incluía a Oliveros Fernández Armada "Negrín", Alfonso Rodríguez López e Augusto Diéguez Yáñez "Rubio de Villanuiz". No verán de 1948 participou no encontro de guerrilleiros da II Agrupación que se celebrou no val da Cubela.

A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 varios guerrilleiros e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Produciuse un combate que tivo como resultado a súa morte xunto a doutros tres guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", e Gregorio Colmenero Fernández "Porreto".La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas

Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1949