Hamaca paraguaya é un filme paraguaio dramático de 2006 escrito e dirixido por Paz Encina. Gañou o Premio Fipresci na sección Un certain regard do Festival de Cannes de 2006. Esta coproducida por Paraguai, xunto con Francia, os Países Baixos, Austria, Alemaña, a Arxentina, e foi rodada integramente en Paraguai. Completamente falada en guaraní, o filme transcorre durante as últimas horas da guerra do Chaco, que se librou entre Paraguai e Bolivia. Foi estreado o 2 de novembro de 2006.

Sinopse A historia, contada cinematograficamente cuns poucos planos fixos e con diálogos en off, desenvólvese durante un único día, o 14 de xuño de 1935. O lugar, unha paraxe selvática illada en terras paraguaias. Os protagonistas: Cándida e Ramón, un matrimonio ancián de campesiños. O seu fillo, Maximiliano Ramón Caballero, marchou para combater na guerra do Chaco, e ambos os pais esperan o seu regreso. O pai faino con optimismo, confiando en que volverá ver o seu fillo con vida; a nai, porén, vese embargada polos máis funestos presentimentos.

Ámbolos dous agardan baixo un ceo encapotado que non acaba de romper en choiva, entre unha calor e o molesto ladrar da cadela que o seu fillo lles deixou para que coidasen durante a súa ausencia. Finalmente, un carteiro chega coa resposta esperada referente ó fillo.

Personaxes Georgina Genes como Cándida Ramón del Río como Ramón Jorge López como voz do fillo Benjamín Blanco como voz do emisario Domiciano Figueredo como voz do veterinario

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua guaraní Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes de Paraguai Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por Paz Encina Categoría:Filmes rodados en Paraguai