Javonte Green, nado o 23 de xullo de 1993 en Petersburg, Virxinia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Santa Cruz Warriors da NBA G League.
Traxectoria profesional O 11 de setembro de 2015, Green asinou co CB Peixefresco da LEB Prata. Na súa primeira tempada coma profesional, foi escollido coma mellor xogador da LEB Prata tras acadar 18 puntos, 6.7 rebotes e 2.2 roubos por encontro.
O 11 de xullo de 2016, asinou co Pallacanestro Trieste da Serie A2 Basket italiana, onde xogou durante dúas tempadas. Ó remate da súa segunda tempada en Italia, Green foi chamado polos Phoenix Suns para xogar a Liga de Verán da NBA de 2017.
O 25 de xullo de 2018, Green asinou co ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.
O 18 de xullo de 2019, Green asinou un contrato de dúas tempadas cos Boston Celtics. Green debutou na NBA o 25 de outubro de 2019 contra os Toronto Raptors, na vitoria de Boston por 112-106.
O 25 de marzo de 2021, Green foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Washington Wizards.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en RealGM.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do CB Peixefresco Categoría:Xogadores do Pallacanestro Trieste Categoría:Xogadores do Ratiopharm Ulm Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls