Nu hiu faimos ama hiu armãn (traducible dende o arromanés como "Non son famoso pero son arromanés") é un filme romanés de 2013. É o primeiro filme rodado en lingua arromanesaPrimul film realizat în limba aromână este povestea romantică a lui Toni Caramușat, observator.tv Primul film aromân, cu topmodelul Linda Croitoru de la Hollywood: „Nu sunt faimos, dar sunt aromân“, adevărul.ro e conta a historia de Toni Caramușat, un afamado director de cinema fascinado coa idea de atopar a décimo terceira verdade fundamental sobre os arromaneses. As primeiras doce verdades foron recollidas pola lingüista Matilda Caragiu Marioțeanu en ”Dodecalog of Aromanians”. De acordo co mito, a décimo terceira verdade está en Armãnamea, o derradeiro descendente do pobo. Toni comeza a ter citas con mulleres de todo o mundo coa esperanza de atopar esa verdade e a súa alma xemelga.

O filme gañou o premio "Maestrale Unica", unha honra concedida polo Parlamento de Italia, así como a distinción do Parlamento Europeo á mellor representación dunha minoría lingüística en Europa, no seo do festival de Cinema Babel que se celebrou en decembro de 2013 en Sardeña.I vincitori della terza edizione del Babel Film Festival „Nu sunt faimos, dar sunt aromân“ a fost premiat la Festivalul de Film Babel , cinemarx.ro

Personaxes Toma Enache como Toni Caramușat Linda Taylor como Armãnamea Lica Gherghilescu-Tanasoca como Tanasi Caramușat (pai) Teodora Calagiu Garofil como Haida Rudy Rosenfeld como Iorgu Sorin Saguna como Ianis Camelia Sapera como Tana Nicu Baturi como capitán Tega Anca Manolescu como xuíz Constantin Florescu como piloto do avión Alina Mantu como Teodora Geo Dinescu como Vanghea Mara Panaitescu como ela mesma Aurica Piha como Hrisa Ana Donosa como Kira Anca Zamfir como Marusa Vasile Topa como alcalde Brad Vee Johnson como narrador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua arromanesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Romanía