Xénese é o primeiro álbum de estudio de Dios ke te crew.
Foi o primeiro disco de rap en galego da historia. Mestura estilos diversos como o jazz, o rock, o hardcore, o reggae e, especialmente, o funk. Foi gravado no propio estudo do grupo, Rapapoulo, e autoeditado polo seu propio selo, DKTC Sons, e a editora galega Falcatruada. Foi distribuído por Discmendi en España e Noruega e contou coa colaboración do actor Miguel de Lira. Vendeu máis de 7.000 copias.
Lista de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Dios ke te crew Categoría:Álbums musicais de 2006