Treasure é o terceiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Cocteau Twins, publicado o 1 de novembro de 1984 a través do selo 4AD. Con este traballo o grupo estableceu a que sería a partir de entón a súa formación principal: a vocalista Elizabeth Fraser, o guitarrista Robin Guthrie e o baixista Simon Raymonde. Esta nova formación tamén coincidiu co desenvolvemento do son etéreo asociado á música da banda.

O disco chegou ao número 29 da lista británica de álbums, converténdose no seu primeiro no top 40 do país, estando nelas durante oito semanas. Tamén se converteu nun dos traballos da banda mellor considerados pola crítica, aínda que a banda considerábao subdesenvolvido.

Listaxe de cancións

Personnel Cocteau Twins Elizabeth Fraser - voces, produción Robin Guthrie - guitarra, produción Simon Raymonde - baixo, produción

Produción Droston J. Madden - enxeñeiro Jon Turner - enxeñeiro 23 Envelope - deseño da portada

Notas

Categoría:Álbums de Cocteau Twins Categoría:Álbums musicais de 1984 Categoría:Álbums de 4AD